RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A gana ao Polvorín e mantén o pulso no liderado co Calasanz

O Infantil A derrotou en Lugo ao Polvorín A (0-4), suma 16 puntos e mantén o pulso no liderado do grupo 1º da liga Galega co Calasanz, que ten os mesmos puntos. Hugo Baldomar -2-, Pablo Trigo e Quique foron os autores dos goles branquiazuis nun partido de dominio deportivista e no que dedicaron o primeiro gol ao seu compañeiro Xosé, que tivo que pasar polo quirófano e estará varios meses de baixa.

Infantil A: Lemos, Matías, Rubén, Zerfu, Álex L., Hugo García, Iván, Roque, Quique, Hugo Baldomar e Pablo Trigo. Tamén xogaron: Álex González, Adrián Lombao e Álvaro.

En dous días, o Infantil A encara a 7ª xornada ligueira, o sábado 14 de outubro ás 10:30 en Abegondo fronte ao Santiago de Compostela.

Os resultados ata a data do equipo que prepara Iván Vázquez son os seguintes:

Infantil A 7 (Sergio -2-, Hugo Baldomar -2-, Trigo, Quique e Roque) - Imperátor 0
Once Caballeros 1 - Infantil A 15 (Hugo Baldomar -3-, Rubén, Sergio, Álex González, Trigo -2-, Xosé, Zerfu, Roque -3-, Iván e Hugo García)
Infantil A 2 (Roque e Hugo Baldomar) - Racing de Ferrol 1
Lugo 1 - Infantil A 6 (Roque -4-, Dani e Álex González)
Infantil A 1 (Iván) - Calasanz A 1
Polvorín A 0 - Infantil A 4 (Hugo Baldomar -2-, Pablo Trigo e Quique)