RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
INFANTIL A

O Infantil cimenta o seu triunfo sobre o Victoria CF nunha boa segunda metade

O Infantil derrotou (0-6) ao Victoria CF en choque correspondente á 4ª xornada na División de Honra.

Sergio Cortizo -2-, Miguel, Raúl, Gabri e Picallo foron os goleadores branquiazuis nun partido que se decantou definitivamente na segunda metade.

Con este triunfo, o equipo de Borja Souto suma 12 puntos de 12 posibles, situado na cabeza da táboa.

Infantil: Lucas López, Eder, Guille, Roi, Nikolay, Daniel, Antón, José Quiroga, Sergio Cortizo, Picallo e Miguel. Tamén xogaron: Daniel Suárez, Gabri, Raúl, Pablo Vara e Iago Varela.

A próxima fin de semana, o Infantil recibe en Abegondo ao San Tirso SD Infantil. Antes, Nikolay, Sergio Cortizo, Raúl e Esteban foron convocados para un amigable da selección galega sub-14 o mércores 11 de outubro ás 17:30 no campo de Valiño (Boiro) ante o EFM Concello de Boiro.

Os resultados até a data do Infantil son os seguintes:

CD Lugo 1 - Infantil 5 (Raúl -2-, Sergio Cortizo -2- e Picallo)
Infantil 6 (Sergio Cortizo -4-, Antón e Nico) - EF Portero '2000' 1
Infantil 6 (Picallo, Sergio Cortizo -2-, Antón Caamaño e Miguel) - CD Areosa 1
Victoria CF 0 - Infantil 6 (Sergio Cortizo -2-, Miguel, Raúl, Gabri e Picallo)