RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil completa ante o Racing de Ferrol unha primeira fase con pleno de vitorias

O Infantil completou ante o Racing de Ferrol (5-0) unha primeira fase, no subgrupo B norte, da liga Galega con pleno de triunfos: 20 partidos e 20 vitorias; cun total de 118 tantos a favor e 8 en contra.

Diego -3-, Leandro e Íker Casuso foron os goleadores branquiazuis ante os ferroláns nesta última cita celebrada en Abegondo.

Infantil: Joel, Leandro, Íker Fernández, Yago, Janusz, Abel, Mosquera, Lucas, Rubén, Hugo e Diego. Tamén xogaron: Rodrigo, Guille, Íker Casuso, Marcos e Borja.

A partir de agora, os cinco primeiros do subgrupo B norte (Infantil, San Tirso SD, CD Lugo, Ural Español CF e Racing de Ferrol) xogarán a Fase de Ascenso á División de Honra e Título co cinco primeiros clasificados do subgrupo A norte (CD Conxo Santiago, Cidade de Ribeira CF, Bertamiráns FC, Victoria FC e Bergantiños CF).

O formato será de liga a dobre volta pero só contra o cinco equipos clasificados do subgrupo A norte. O primeiro de cada subgrupo da primeira fase, neste caso o Infantil e o CD Conxo Santiago, arrinca esta segunda parte da competición con cinco puntos; os segundos con tres; os terceiros con dous; os cuartos clasificados con un; e os quintos con cero puntos. Ao concluír esta segunda fase, os oito primeiros ascenderán á recentemente creada División de Honra para a temporada 2022-23. A maiores, os dous primeiros xogarán as semifinais contra os dous primeiros do grupo sur, a partido único en casa do mellor clasificado. A final para decidir o campión da liga Galega será nunha sede que ditaminará a Federación.

Os resultados do Infantil nesta primeira fase foron os seguintes:

Infantil 3 (Mosquera, Iker Casuso e Janusz) - Ural Español CF 0
CD Lugo 1 - Infantil 3 (Diego -2- e Hugo)
Infantil 8 (Rubén, Marcos -2-, Balbas -2-, Abel, Iker Casuso e Janusz) - San Tirso SD 0
Infantil 12 (Iker Casuso -2-, Janusz -3-, Hugo -4-, Marcos -2- e Iker Fernández) - SD Residencia A 1
Galicia Caranza 1 - Infantil 7 (Borja, Marcos -4- e Diego -2-)
Oza Juvenil SD A 0 - Infantil 7 (Diego -2-, Rubén, Balbas, Iker Casuso e Hugo -2-)
Infantil 12 (Balbas -2-, Iker Casuso -4-, Marcos, Lucas, Borja, Diego -2- e Janusz) - SD Viveiro 0
SDCyR Narón O Freixo 0 - Infantil 7 (Abel, Marcos -2-, Balbas, Hugo e Diego -2-)
Infantil 5 (Janusz, Mosquera, Marcos, Abel e Lucas) - SD O Val 0
Racing de Ferrol 0 - Infantil 3 (Marcos -2- e Diego)
Ural Español CF 1 - Infantil 5 (Rubén, Diego -2-, Janusz e Borja)
Infantil 4 (Yago, Iker Fernández e Janusz -2-) - CD Lugo 1
San Tirso SD 2 - Infantil 6 (Balbas, Janusz, Rubén, Mosquera, Lucas e Borja)
SD Residencia 0 - Infantil 3 (Diego, Xabi e Rubén)
Infantil 6 (Janusz, Rubén -2-, Marcos -2- e Lucas) - Galicia Caranza 0
Infantil 7 (Frank, Iker Casuso, Diego -3- e Abel -2-) - Oza Juvenil SD 1
Viveiro SD 0 - Infantil 2 (Borja e Frank)
Infantil 10 (Leandro, Íker Casuso -2-, Marcos -2-, Diego -3-, Yago e Borja) - SDCyR Narón O Freixo 0
SD O Val 0 - Infantil 3 (Íker Casuso -2- e Mosquera)
Infantil 5 (Diego -3-, Leandro e Íker Casuso) - Racing de Ferrol 0