RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil pecha a súa pretemporada en Narón con goles e con boas sensacións

O Infantil pechou a súa pretemporada cunha goleada (0-7) no campo de O Sinde de Narón ante o SD O Val de categoría cadete e con moi boas sensacións. Íker Casuso -5- e Janusz -2- foron os autores dos goles deportivistas nesta última cita amigable.

Infantil: Rodrigo, Leandro, Iago, Íker Fernández, Xabi Campos, Xoel, Frank, Rubén, Hugo, Diego e Balbas. Tamén xogaron: Mosquera, Marcos, Abel, Íker Casuso, Guille e Janusz.

A pretemporada transcorreu así para o equipo deportivista:

Amigable: Infantil 5 (Lucas Regueiro, Casuso, Hugo Ramos e Diego López -2-) - CD Calasanz B 1
Oviedo Cup: Infantil 11 (Ioan -3-, Janusz -2-, Rubén -2-, Hugo, Lucas e Iker Casuso -2-) - UD Llanera 0
Oviedo Cup: Juventud Estadio 0 - Infantil 4 (Lucas, Mosquera, Diego e Janusz)
Oviedo Cup: Infantil 2 (Íker Casuso -2-) - Sporting de Gijón 0
Oviedo Cup: Infantil 0 - Atlético de Madrid 10
Amigable: Infantil 10 (Janusz -2-, Rubén -2-, Marcos -2-, Mosquera, Diego, Lucas e Hugo) - Victoria CF A 0
Torneo Apertura Monteporreiro: EF Portero 2000 0 - Infantil 3 (Xabi e Íker Casuso -2-)
Torneo Apertura Monteporreiro: Arosa SC 0 - Infantil 2 (Balbas e Íker Casuso)
Torneo Apertura Monteporreiro: Infantil 0 - RC Celta 0
Amigable: Bergantiños CF (cadete) 0 - Infantil 1 (Íker Casuso)
Amigable: SD O Val (cadete) 0 - Infantil 7 (Íker Casuso -5- e Janusz -2-)

O Ural Español CF agarda xa en liga a próxima fin de semana

O Infantil quedou encadrado no subgrupo B norte da liga Galega. Os rivais do conxunto branquiazul nesta primeira fase son os seguintes: Racing de Ferrol, Galicia Caranza, SDCR Narón O Freixo, SD O Val, SDC Residencia, CD Castro, SD Viveiro, CD Lugo, Ural Español CF, San Tirso SD e Oza Juvenil SD.

O equipo que prepara Miguel Figueira comeza a liga o próximo 2 de outubro en Abegondo (pendente de confirmación de hora e día) fronte ao Ural Español CF.