O Infantil repúxose ben ao tanto inicial do CD Areosa en Abegondo
O partido entre o Infantil e o CD Areosa, correspondente á 3ª xornada na División de Honra, arrincou con susto para os branquiazuis.
Os vigueses adiantáronse no marcador aos 15 minutos de xogo.
A pesar deste mazazo, o equipo de Borja Souto foi capaz de responder inmediatamente, xa que un minuto despois logrou igualar o marcador grazas a un gol de Picallo.
A partir de aí o Infantil fíxose dono do balón e ampliou a súa vantaxe grazas aos tantos de Sergio Cortizo -2-, Antón Caamaño e Miguel; até o 6-1 co que concluiría o encontro.
Con este resultado, o cadro deportivista suma 9 puntos de 9 posibles e lidera en solitario a táboa, con 2 puntos de vantaxe sobre RC Celta, Arosa SC e ED Val Miñor Nigrán A, todos eles con 7 puntos.
Infantil: Lucas López, Iago Varela, Guille, Roi, Nikolay, Nico, Antón, José Quiroga, Sergio Cortizo, Picallo e Pablo Vara. Tamén xogaron: Daniel, Javi Seoane, Gabri, Eder e Miguel.
A próxima fin de semana, a Infantil visita na Coruña ao Victoria CF; aínda que antes, Iago Varela, Lucas López, Miguel, Nico, Nikolay, Raúl Lema e Sergio Cortizo están citados para un adestramento coa selección galega sub-14 o martes 3 de outubro ás 17:00 en Callobre (A Estrada)
Os resultados até a data do Infantil son os seguintes:
CD Lugo 1 - Infantil 5 (Raúl -2-, Sergio Cortizo -2- e Picallo) Infantil 6 (Sergio Cortizo -4-, Antón e Nico) - EF Portero '2000' 1 Infantil 6 (Picallo, Sergio Cortizo -2-, Antón Caamaño e Miguel) - CD Areosa 1