RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O iugoslavo Kanatlarovski volve á convocatoria

Hai 12 anos era noticia no seo do equipo branquiazul que Kana volveu a ser convocado por Arsenio Igrexas para un partido despois da lesión que sufrise o pasado día 21 de novembro no campo do Estepona.

A tenor do adestramento desenvolvido onte, Arsenio aliñará o mesmo equipo que veu actuando nas últimas xornadas tanto en Riazor como fóra deste recinto, que estaría formado por: Josu, Antonio, M. Lasarte, Albístegui, S. Bilbao, Gil, J. Ramón, Aspiazu, Fran, Vila e Stojadinovic.

Doutra banda, cabe tamén a posibilidade de que o iugoslavo puidese ter un sitio no once titular, pero non parece que vaia a suceder tal cousa, máis razoable é que teña a súa oportunidade no transcurso do mesmo, mesmo en maior grao que os seus outros compañeiros de banco.