O Deportivo disputa a súa xornada ligueira ante o Jaen, un conxunto que só tivo unha derrota e cuxo técnico, Ruiz Eslamiada, afirmou á súa chegada "imos complicarlle a vida ao Coruña todo o posible".
Esta tarde, en Riazor...
O Real Jaen é unha das revelacións da Segunda División, non hai que esquecer que logrou o ascenso a pasada tempada e áchase no quinto posto da táboa con 9 puntos e un positivo marcando oito tantos mentres que a súa meta só foi batida cinco veces.
Os jiennenses lograron senllos empates fóra de casa e a súa única derrota en campo alleo produciuse fronte ao San Andrés. No seu reduto gañaron ao Valladolid, Barcelona Atlético e Xetafe deixando escapar un punto ante o Córdoba.
.... Tras a lixeira sesión de adestramento realizada onte pola mañá, o quince xogadores citados por Héctor Rial marcharon ao seu lugar de concentración en Santa Cristina.... sairán os mesmos que empataron nos Cármenes: Buyo, Pardo, Piris, Vituco, Ballesta, Albino, Piño, García, Merlo, Núñez e Rabadeira. Coinciden en sinalar os deportivistas que o Jaen será un inimigo correúdo porque o seu bloque de cobertura evidencia unha gran solidez...