O luns arrincou a terceira xornada da segunda liga do Campionato Sénior de Fútbol 7
Onte luns co choque entre Pizza Tutto e Ite Caixa Galicia arrincou en 'O
Mundo do Fútbol' a terceira xornada da segunda Liga do Campionato
sénior de fútbol sete de Abegondo.
Hoxe, ás 21:30, dispútase o encontro entre Artinor Cancela e Penique.
Mañá mércores, á mesma hora, xogarán Carretes e Pablo Freire Despacho de Avogados.
E o xoves pecharase esta xornada co enfrontamento, tamén ás
21:30, entre Pena Sada e Praia Club.
Despois de dúas xornadas, Pablo Freire Despacho Avogados é líder con seis
puntos, seguido, con catro, por Praia Club e Pizza Tutto. Pechan Artinor
Cancela e Carretes cun punto; e Penique con cero.