RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O musical GHOST chega á Coruña con desconto especial para #anosaforza

O musical GHOST chega a próxima semana á Coruña con David Bustamante e Ricky Merino como protagonistas. O Palacio da Ópera acollerá as representacións do 25 ao 27 de febreiro e na súa estrea lonxe de Madrid, as socias e socios do Dépor poden beneficiarse dun desconto ao adquirir as súas localidades. Introducindo o código RCDEPOR30 os Deportivistas terán un 30% de desconto directo no prezo da entrada para o musical na Coruña.

Compra aquí a túa entrada

Após a súa exitosa estancia durante dúas temporadas na Gran Vía madrileña, GHOST, o musical, sae de xira e Galicia é o seu primeiro destino. Chega ao Palacio da Ópera da Coruña da man da produtora LETSGO. Bustamante e Merino alternaranse* interpretando a Sam nas seguintes funcións:
Bustamante: venres 25 de febreiro ás 18:00h; sábado 26 ás 21.30, domingo 27 ás 18:00h.
Ricky Merino: Venres 25 ás 21.30; sábado ás 18:00.
*O elenco pode sufrir cambios e modificacións sen previo aviso.

Chega á Coruña o agasallo perfecto para os amantes do oscarizado título da gran pantalla, así como para os fans do teatro musical. Revive sobre as táboas do Palacio da Ópera a inesquecible historia de amor que triunfou nos cinemas de todo o mundo en 1990 protagonizada entón por Patrick Swayze, Demi Moore e Whoopi Goldberg.

Se che gustou a película, comprobarás que GHOST o musical é moi fiel ao que viches no cinema: cambios de escena, trucos de maxia e efectos especiais que che van a sorprender, a súa ambientación e ritmo replican os da película. Un potente mix entre unha historia romántica, momentos de tensión, música e moitísima comedia, tan preto de ti como no Palacio da Ópera. Non p podes perder! Goza coa Unchained Melody en directo e vibra con esta sobrenatural historia de dúas horas e media de duración.