RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Newcastle adxudicouse aos penaltis o Trofeo Teresa Herrera

O Newcastle dos ex deportivistas Xisco e Coloccini se adjudicó a 65 edición do Trofeo Teresa Herrera ao imporse ao Deportivo na quenda de penaltis (5-3). Ao final do tempo regulamentario houbo empate sen goles.

O Deportivo presentou esta noite en Riazor no seu once inicial a cinco (Saúl, Urreta, Stopira, Míchel e Rubén Pérez) do seu seis caras novas para esta tempada. Faltou unicamente Desmarets, que quedou fóra do torneo cunha sobrecarga nos adductores que arrastrou do partido do pasado sábado en Cardiff.

O primeiro tempo xogouse con ritmo aínda que con pouca claridade arriba tanto no Deportivo como no Newcastle. Míchel tivo a mellor oportunidade deportivista nun remate que se foi ao pau, co porteiro inglés xa batido. O gigantón Carroll tivo a máis clara dos ingleses. Cabeceou un saque de esquina nunha posición franca na área pequena e o balón foise fóra por moi pouco.

Tras o descanso, Gardado, que comezou os adestramentos o pasado 28 de xullo, tivo os seus primeiros minutos de pretemporada. Situouse como é habitual en banda esquerda, en substitución de Urreta. O encontro seguiu a mesma tónica que o primeiro, aínda que o Newcastle deu un paso atrás para crear máis perigo ao contragolpe.

Precisamente nunha desas contras puido marcar Routledge, que recibiu un bo centro desde a dereita ao segundo pau no minuto 63. O balón foise rozando o pau da meta de Manu. No outro área, os bos centros de Saúl pola dereita fixeron traballar aos centrais do Newcastle.

No minuto 75 a punto estivo de marcar Gardado nunha falta. O seu disparo superou a barreira do Newcastle e salvou a meta Krul cunha bonita intervención. O Dépor fíxose co mando do partido na recta final, coa entrada de Valerón, Ze Castro no mediocampo por Rubén Pérez e Pablo Álvarez, que substituíu a Míchel, lesionado tras recibir unha entrada de Jonás Gutiérrez.

O Newcastle tivo a 'Torre' nas súas mans grazas a unha xogada desgraciada de Manu. Escapóuselle unha pelota que tiña na súa poder e derruba cun brazo a Coloccini, que se aprestaba a recoller o balón na área pequena. Ramírez Domínguez sinala penalti, que o propio Manu detén a Barton. Pouco despois, Riki márchase de varios rivais e o seu disparo, frouxo, deteno Krul.

Jonás puido marcar na última xogada do partido. O arxentino non precisou o seu remate cando estaba totalmente só diante de Manu.

Nos penaltis, estivo máis certeiro o equipo inglés.

Deportivo: Manu; Manuel Pablo, Lopo, Aythami, Stopira (Laure, m. 46); Juan Rodríguez (Juan Domínguez, m. 46), Rubén Pérez (Zé Castro, m. 71); Saúl (Valerón, m. 67), Míchel, Urreta (Gardado, m. 46) e Riki.

Newcastle: Harper (Krul, m. 46); Taylor, Perch (Tavernier, m. 52), Coloccini, José Enrique; Routledge, Barton, Guthrie (Nolan. m. 46), Xisco (Jonás Gutiérrez,  m. 46); Best (Lovenkrands, m. 74) e Carroll.

Penaltis: 0-1; Lovenkrands. 1-1; Zé Castro. 1-2; Nolan. 1-2; Riki falla. 1-3; Carroll. 2-3; Aythami. 2-4; Taylor. 3-4; Gardado. 3-5; Barton.

Árbitro: Ramírez Domínguez, do colexio andaluz. Non amoestou a ningún futbolista do Deportivo.

Incidencias: A entrega de trofeos tivo lugar no palco de autoridades por desexo expreso do Concello da Coruña.