O encontro da Tercera Federación entre o Orzán SD Sub-21 e o RC Celta B previsto para este venres 19 de decembro ás 19:30 no Dépor Training Center abre o calendario de partidos en ANOSACANTEIRA feminina, última xornada do ano 2025.
As orzanistas, oitavas na táboa, reciben ás celestes, líderes do grupo.
Para o sábado 20 quedan outros 2 encontros: o Orzán SD Cadete en Narón (18:30 en O Cadaval) e o Orzán SD Infantil B ante o UC Cee (16:00 na Torre).
O domingo 21 xóganse os últimos encontros do ano.
O Orzán SD Xuvenil mídese en Rebordelo ao SR Calo (18:15) e o Orzán SD Infantil A ao CD As Pontes en O Poboado (12:00).
Ten xa descanso o Deportivo ABANCA B, que concluíu o ano en 9ª posición de Segunda Federación con 14 puntos.
O calendario de partidos é o seguinte:
Segunda Federación
Clasificación: ... 8. Atlético de Madrid C, 16 puntos; 9. Deportivo ABANCA B, 14 puntos; 10. Bizkerre Club, 13 puntos...
Tercera Federación
12ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - RC CELTA B, o venres 19 de decembro ás 19:30 no Dépor Training Center
Clasificación: 1. RC Celta B, 25 puntos... 7. Tomiño FC Femenino, 15 puntos; 8. Orzán SD Sub-21, 14 puntos; 9. SD O Val, 12 puntos...
Primera Autonómica
12ª xornada: SR CALO - ORZÁN SD XUVENIL, o domingo 21 de decembro ás 18:15 no Municipal de Rebordelo
Clasificación: ... 8. SR Calo, 14 puntos... 13. SCD Pastoriza e UD Carral, 7 puntos; 15. Orzán SD Xuvenil, 6 puntos; 16. Sárdoma CF B, 4 puntos
Liga Galega cadete
10ª xornada: CD NARÓN - ORZÁN SD CADETE, o sábado 20 de decembro ás 18:30 en O Cadaval (Narón)
Clasificación: 1. Victoria CF, 24 puntos; 2. Orzán SD Cadete, 22 puntos; 3. Racing de Ferrol, 21 puntos... 9. CD Narón, 10 puntos...
Liga Galega infantil
10ª xornada: CD AS PONTES - ORZÁN SD INFANTIL A, o domingo 21 de decembro ás 12:00 en O Poboado
Clasificación do grupo 1º: 1. Orzán SD Infantil A e Racing de Ferrol, 22 puntos; 3. Victoria CF, 18 puntos... 5. CD As Pontes, 11 puntos...
10ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B - UC CEE, o sábado 20 de decembro ás 16:00 na Torre (campo 3)
Clasificación do grupo 2º: ... 4. UC Cerqueda, 17 puntos; 5. Orzán SD Infantil B, 15 puntos; 6. UC Cee, 12 puntos...
