O partido do Xuvenil A en Paiosaco abre esta tarde unha fin de semana de amigables en #ANOSACANTEIRA
O partido do Xuvenil A de División de Honra esta tarde (19:00 horas) en Paiosaco abre unha fin de semana de partidos de prepararación en #ANOSACANTEIRA.
Ademais do conxunto de Óscar Gilsanz, teñen cita estoutros equipos: Fabril, Dépor ABANCA B e Xuvenil B.
Mañá sábado 10 de outubro xogan o Fabril e Xuvenil B, este último en Abegondo; e para o domingo 11 queda de novo o choque do Xuvenil A no campo 3 da Cidade Deportiva; e o do Deportivo ABANCA B, en Mos.
Todos os partidos en Abegondo son a porta pechada.
O calendario previsto, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Terceira División Xogado o pasado mércores: FABRIL 4 (Álex -2-, Javi Sánchez e Mosquera) - CD ESTRADENSE 0 RACING VILLALBÉS - FABRIL, o sábado 10 de outubro ás 17:00 na Magdalena (Vilalba)
Categoría feminina UD MOS - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 11 de outubro ás 12:00 no campo das Baloutas
Categoría xuvenil UD PAIOSACO H. AÑÓN - XUVENIL A, hoxe venres 9 de outubro ás 19:00 na Porta Santa (Paiosaco) XUVENIL A - RACING VILLALBÉS, o domingo 11 de outubro ás 17:00 en Abegondo (campo 3)
XUVENIL B - RACING DE FERROL A, o sábado 10 de outubro ás 11:30 en Abegondo (campo 3)