RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Presidente Augusto César Lendoiro ten previsto acompañar ao equipo no Vicente Calderón

O Presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, ten previsto acompañar á expedición do equipo que mañá sábado viaxará a Madrid para medirse ao Atlético de Madrid o domingo ás 19.00 no Vicente Calderón.

O Dépor viaxa en avión de liña regular desde Santiago ás 18.00 horas. Na capital madrileña, o hotel de concentración será o Hesperia Madrid. O regreso será o domingo, tras o partido, nun avión que despegará de Madrid ás 23.25 e aterrará unha hora máis tarde en Santiago.