RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O próximo 2 de agosto celébrase a Asemblea anual da Federación de Penas do Deportivo

A Asemblea anual da Federación de Peñas do Real Club Deportivo celebrarseá o próximo dia 2 de Agosto 2008 en Celas de Peiro (Concello de Culleredo) para todas as Peñas Federadas.

O programa de actos é o seguinte:

11.00 h. .- Chegada das Penas identificación e comezo dos actos da Celebración duns "pasacalles" a cargo dun Grupo de Gaitas.

12.00 h. .-
I Convocatoria da Asemblea das Penas Asociadas a esta Federación no local social da Pena Deportivista TORRE DE CELAS, no Bar Lamelas, en Celas de Peiro.

12,30 h. .- II Convocatoria se non se lograse quórum necesario da convocatoria anterior.

14.00 h. .-
Comida Campestre de Irmandade entre as Penas, no Parque Torre de Celas. Poderán asistir todas as persoas que así o desexen.

Pola tarde : Paseo pola Ruta dos Muíños amenizado por unha charanga.

24.00 h. .-
Fin de Festa.