RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Rallye de Finlandia ao alcance da man

Desde o pasado venres Carlos Sainz e Luís Moya afrontan unha nova proba do Mundial de Rallyes, o mítico rallye Mil Lagos.

Tras unha interrupción dun mes hoxe en Finlandia renovouse o Mundial de Rallyes cunha das probas máis espectaculares do calendario. Sanz e Moya afrontan a proba coa obrigación de gañar se queren evitar que o actual lider do mundial, o finlandés Tommi Makinen non se faga definitivamente co campionato.

O piloto de Mitsubishi dispón dunha vantaxe de 11 puntos sobre o francés Diddier Auriol e de 16 sobre Carlos Sainz. A proba finlandesa é unha das máis difíciles e espectaculares do mundial por cantidade de saltos, rasantes, e perigosas curvas. Para esta carreira as suspensións son fundamentais, deben achegar motricidad e absorver os impactos dos saltos.

Esta xornada os nosos campións teñen a vitoria ao alcance da man. Retirado o finlandés Makinen por un problema técnico, e con só 10 segundos de desvantaxe sobre o outro finlandés, Juha Kankkunen, o piloto de Toyota tentará seguir coa súa remontada á vez que evita que o alcance Richar Burns, que ocupa a terceira praza provisional a só 6 segundos do madrileño.