RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ENTRADAS

O RC Deportivo activa a pre-reserva de entradas para a visita á SD Eibar

O RC Deportivo habilita a pre-reserva de entradas para o partido do domingo 2 de febreiro ás 16:15h en Ipurúa ante a SD Eibar, correspondente á 23ª xornada de LaLiga Hypermotion.

O equipo eibarrés puxo a disposición do RC Deportivo un total de 306 entradas, das cales o 40% serán xestionadas e vendidas pola Federación de Peñas (122), e o resto a través do Club (184). 

As localidades teñen un prezo de 20 euros e quedan limitadas a 2 por socio. Para realizar a xestión, o abonado deberá acceder á web entradas.rcdeportivo.es.

A pre-reserva poderase facer desde hoxe venres 24 de xaneiro ás 10:00 até o domingo 26 de xaneiro ás 23:59 h. No caso de que houbese máis abonados en pre-reserva que entradas dispoñibles, realizarase un sorteo, cuxo resultado se comunicará aos abonados agraciados o luns 27, os cales poderán acudir a recoller as entradas á OAD ese mesmo luns 27 e martes 28 de 10.00 a 13:30h e de 16.30 a 19.00h. 

Se os gañadores non retiran todas as entradas, o mércores 29 no mesmo horario poranse á venda para aqueles que non lles tocou o sorteo; ou no caso de que non haxa sorteo, para o público en xeral.

Será obrigatorio presentar o abono e o DNI dos asistentes; e un deles debe ser o titular do abono.