RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O RC Deportivo activa a pre-reserva de entradas para o partido ante a Cultural Leonesa

O RC Deportivo habilita a posibilidade de realizar a pre-reserva de entradas para o partido do próximo domingo 14 de xaneiro ás 18:00h ante a Cultural Leonesa. As localidades teñen un prezo de 15 euros e estarán situadas no fondo norte do Reino de León. A adquisición das entradas queda limitada a dúas por socio.

O prazo para realizar dita xestión finaliza o luns 8 de xaneiro ás 10:00h. Unha vez chegada esa hora, se se superan as localidades dispoñibles, farase un sorteo entre os socios apuntados. Os abonados que resultasen gañadores dese sorteo serían avisados vía mail de que teñen dispoñible as entradas na OAD durante o luns 8 desde as 16:30h até o mércores 10 ás 16:30h. No caso de que se teña que realizar sorteo, aqueles socios que se lles comunicou que teñen dereito a adquirir as súas entradas no prazo correspondente, e non o fagan, non poderán apuntarse á seguinte pre-reserva de entradas. 

A pre-reserva das localidades pódese realizar a través da web https://despacho.rcdeportivo.es/reservas/