RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O RC Deportivo e a AFAC reforzan a súa relación co Día do Fútbol Afeccionado

Ás 19:00 horas de hoxe sábado 19 de marzo de 2022, Día do Pai, festividade que se pode aproveitar para, por un prezo módico, unir a pais e fillos en animar e gozar do RC Deportivo xuntos, celebrarase o Día do Fútbol Afeccionado con motivo do encontro entre o Dépor e a Cultural e Deportiva Leonesa no Estadio ABANCA-RIAZOR.

Este evento está recollido nunha das cláusulas do convenio de colaboración asinado entre o RC Deportivo e a Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña (AFAC), polo que servirá tamén de axuda e colaboración co fútbol formativo da cidade. Baixo a lema TODAS E TODOS SOMOS DÉPOR, ademais do fin reflectido no mencionado convenio de axuda ao fútbol coruñés nucleado ao redor da AFAC, o RC Deportivo tamén anima a acudir en masa para dar calor ao Dépor nun momento moi necesario.

Para facilitar a asistencia de máis Deportivistas, estableceuse un prezo popular para as entradas, 5 euros para os fondos e de 10 euros Preferencias e Tribunas. As localidades poden adquirirse en: https://bancada.rcdeportivo.es