O RC Deportivo, pioneiro no desenvolvemento dun Programa de Cumprimento Normativo
Martín Pita, conselleiro do área social do Real Club Deportivo, acompañado por Esperanza Bernal, directora de integridade da liga e María Hernández, socia de Eversheads Nicea, presentaron as líneas mest
Martín Pita explicou as razóns que levaron ao Club a situarse á cabeza do fútbol español no desenvolvemento deste programa: "A liga en setembro comunicou aos clubs unhas revisións que se ían a producir no Código Penal, que se aprobaron en marzo deste ano e que son de obrigado cumprimento para todas as empresas desde o 1 de xullo. O Deportivo quixo estar aí desde o primeiro momento porque este Programa de Cumprimento Normativo define uns protocolos, unhas pautas de actuación e de comportamento para protexer ao Club en caso de actuacións recollidas no Código Penal. Os delitos relacionados coas empresas xa non só recaen nos traballadores ou directivos, senón agora tamén na propia empresa. Por iso, a Lei dáche a posibilidade de desenvolver un sistema de xestión interno, de cumprimento normativo aplicado a toda a organización. Se isto faise, coa Lei na man, o xuíz puiden eximir á empresa, neste caso ao Deportivo, de calquera responsabilidade. Por exemplo se houbese calquera hipotético amaño dun partido no que interviñese un xogador do Deportivo, con este sistema nós garantímonos que a responsabilidade recaerá sobre quen amañou o partido, non sobre a entidade".
"Este proxecto enmárcase dentro dese obxectivo que temos de defender ao Club, á marca, á Sociedade Anónima Deportiva", afirmou o conselleiro branquiazul, antes de lembrar que "o proxecto tamén inclúe un Código Ético que prometemos cando nos presentamos a dirixir o Club e que non publicamos ata este momento porque ía vinculado a toda esta actuación global".
