RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSAFORZA

O RC Deportivo pon en marcha o sistema de Liberación de Asentos para o partido Dépor - Celta Fortuna

O RC Deportivo pon en marcha un novo sistema que permitirá aos abonados a liberación do seu asento no estadio ABANCA-RIAZOR a partir do partido entre o Dépor e o Celta Fortuna deste domingo 8 de outubro.

As persoas abonadas que non vaian asistir ao encontro poderán liberar a súa localidade e o club porá á venda aqueles asentos que se atopen nas bancadas onde o aforamento estea completo. A xestión de liberación de asentos levará a cabo a través da plataforma que o club habilitou para iso e á que podes acceder a través desta ligazón.

Unha vez liberado o asento, este poderá ser recuperado a condición de que aínda non fose vendido. O prazo para levar a cabo a liberación ou recuperación do abono para o Dépor - Celta Fortuna finaliza o domingo 8 ás 12:00h. En caso de liberar a localidade e non recuperala antes desta data, non se poderá acceder ao estadio con ese abono.

No caso de que o club vendese a localidade previamente liberada por parte do socio, este terá un desconto equivalente ao 50% do prezo da entrada aplicable no seu abono para a próxima campaña de abonados para a temporada 2024-2025. A contía que o abonado some por aplicación destes descontos será acumulable co límite máximo do prezo total do abono da temporada da seguinte campaña.

Podes consultar toda a información detallada sobre o funcionamento da cesión de abonos na seguinte ligazón ao "Regulamento de Liberación de Localidade do Abonado ao
Club"