RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Real Club Deportivo informa

Ao non ser posible as novas altas nas localidades de Maratón Inferior, Pabellón Inferior, Pabellón Superior, Preferencia Inferior e Preferencia Inferior Lateral, o Real Club Deportivo comunica aos abonados da tempada 2011-12 das citad

A partir do 3 de xullo (incluído), o Deportivo porá á venda as localidades que non fosen retiradas polos socios, tendo en conta de que son moitas as persoas que desexan asistir a esas bancadas, por ser as máis económicas do Estadio.

Nos próximos días, o Club fará público os prezos que entrarán en vigor para a tempada a partir do próximo 3 de xullo, ademais de tres Días do Club.

Os socios que teñan un problema especial para renovar o seu abono antes desta data nas localidades que agora mesmo están esgotadas para novas altas (Pavillón Inferior, Maratón Inferior, Preferencia Inferior e Preferencia Inferior Lateral) poden solicitar unha prórroga explicando os motivos por escrito ben vía fax (981265919) ou ben por carta á sede do Real Club Deportivo, na Praza de Pontevedra 19 1º da Coruña.

En caso de ser concedida esa prórroga, abonarán o prezo que estea en vigor no momento en que pasen a retirar o seu abono.