O Real Club Deportivo rescinde o contrato de Przemysław Tytoń
O Real Club Deportivo decidiu rescindir o contrato que lle vinculaba con Przemysław Tytoń até o final desta temporada, feito comunicado ao futbolista este mediodía.
O Dépor quere agradecer a Tytoń o seu traballo e profesionalidade durante a súa etapa defendendo #asnosascores, desexándolle o mellor no seu futuro profesional e persoal.