RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Real Club Deportivo sumar á dor polo falecemento do futbolista Dani Jarque

O Real Club Deportivo quérese sumar á dor que nestes momentos atravesa a familia espanyolista debido ao trágico falecemento do futbolista Dani Jarque hoxe en Italia.

O Consello de Administración, Persoal, Corpo Técnico e afeccionados deportivistas queren expresar ao Espanyol e especialmente á familia de Dani noso máis fondo penar.

O equipo recibiu a fatal noticia no autocar que trasladaba a expedición a España despois de xogar en Portugal. Foi recibida con enorme consternación, especialmente por Lopo e Miguel Anxo Lotina, ex compoñentes do Espanyol. Ambos se atopan moi afectados.

O Deportivo comprende a enorme dor que provocan estas noticias, pois xa viviu un episodio idéntico co falecemento do lateral dereito do Deportivo Sagarzazu na tempada 1987-88, cando o equipo se trasladaba en autocar a disputar un partido amigable en Carral.