RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Real Club Deportivo visita a RIBS Pai Rubinos con motivo do seu centenario

O Real Club Deportivo foi, na tarde de hoxe, a institución convidada pola RIBS Padre Rubinos con motivo dos actos que está a levar a cabo polo seu centenario. Na véspera da celebración do 112 aniversario do Deportivo, o presidente do Club, Tino Fernández, acompañado polo conselleiro Martín Pita, o presidente da Asociación de Veteranos, Manuel Ríos, o adestrador do Dépor Abanca Manu Sánchez e os xogadores Fede Cartabia e Iris Arnáiz, foron os representantes do Club neste encontro institucional.

Os deportivistas foron recibidos no patio central polo presidente e a xunta Directiva da RIBS Padre Rubinos e posteriormente iniciaron un percorrido polas instalacións, comezando pola Escola Infantil e continuando polo Complexo Gerontolóxico e o Centro Integrado de Atención Social (Albergue).

No salón de actos, após a benvida de D. Eduardo Aceña, presidente de Padre Rubinos, e as palabras do Tino Fernández, procedeuse ao intercambio de recordos por este acto conmemorativo do Centenario.