RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"O resultado é o de menos en pretemporada", lembra Isi Gómez

Isi Gómez atendeu aos medios de comunicación nada máis concluír o choque na Magdalena de Vilalba ante a SD Ponferradina.

O centrocampista madrileño opina que "as sensacións foron xeniais na primeira e mesmo na segunda parte. Estes partidos son importantes para ir collendo o que nos pide o míster e carga".

Insiste en que o resultado, 7-1 ante un rival de superior categoría e que arranca a competición de Segunda División a semana que vén, "é o de menos en pretemporada. O importante é coller sensacións e ir traballando o que nos pide o míster".

Iso si, "se te vas con este marcador, mellor. Boas sensacións e con máis ganas de afrontar o próximo partido", apunta.

A nivel físico dixo atoparse "ben. Están a meternos unha carga importante de adestramentos e iso é bo para coller gasolina para a temporada".

Dos canteiráns, con presenza numerosa no último tramo do partido desta tarde, Isi lembra que "eles adestran todos os días connosco e hai un gran futuro".

Conclúe o xogador deportivista que "as cousas están a saír ben, o que nos pide o míster: balóns por fóra, por dentro, romper ao espazo. Está a verse todo o que nos está pedindo o míster e estamos a facer un bo traballo".

Finalmente, conclúe que Rubén Díez, nova adquisición deportivista, "é un gran futbolista, de calidade, que xogou este ano no CD Tenerife. Vainos a achegar boas cousas".