RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
SAN TIRSO SD30 out 2023

O San Tirso SD Cadete non puido remontar un tanto do ED Val Miñor Nigrán aos 6 minutos

O San Tirso SD Cadete non logrou superar un tanto do ED Val Miñor Nigrán aos 6 minutos de partido, suficiente para que o equipo vigués levase os 3 puntos do Monte.

Os 'verdes' tentárono de todas as maneiras pero non puideron perforar a meta rival.

Con este marcador, o San Tirso SD Cadete queda con 4 puntos na 16ª posición da División de Honra despois de 8 xornadas.

San Tirso SD Cadete: Antón Roura, Sergio Míguez, Adrián, Trigo, Mauro, Nico Martínez, Gael, Sabino, Pablo Crespo, Borja e Samba. Tamén xogaron: Joaquín, Casuso, Carlos e Héctor.

A próxima semana non haberá xornada de liga. O equipo de Kata Sicardi retoma a competición o 11 ou 12 de novembro coa visita ao Coruxo FC. 

Os resultados até a data do San Tirso SD Cadete son os seguintes:

San Tirso SD Cadete 1 (Gael) - CD Areosa 2
Victoria CF 0 - San Tirso SD Cadete 2 (Pablo e Gael)
San Tirso SD Cadete 0 - ED Xuventude de Oroso 1
Pabellón Ourense CF 1 - San Tirso SD Cadete 1 (un futbolista rival en propia meta)
Atlético Coruña Montañeros CF 1 - San Tirso SD Cadete 0
San Tirso SD Cadete 1 (Antón Sánchez) - RC Celta 3
Arosa SC 1 - San Tirso SD Cadete 0
San Tirso SD Cadete 0 - ED Val Miñor Nigrán 1