O San Tirso SD Infantil confirma a súa progresión cun triunfo en Vigo ante o UD Santa Mariña
Despois de realizar a pasada fin de semana no Monte un gran partido sen premio ante o RC Celta, o San Tirso SD Infantil confirmou a súa progresión cun triunfo en Vigo (2-4) ante o UD Santa Mariña, en partido correspondente á 3ª xornada na División de Honra.
Os pupilos de Alejandro Montoto foron sempre por diante no marcador, grazas aos goles de Gandarela -2- e Yael -2-, e sumaron así a súa primeira vitoria da temporada.
Con este resultado, o San Tirso SD Infantil é 11ºna clasificación con 3 puntos.
San Tirso SD Infantil: Brais Taín, Sergio, Mateo, Antón, Manu Alcázar, Íker Obeso, Hugo Caridad, Hugo Ferreiros, Javi Barral, Gandarela e Cabaleiro. Tamén xogaron: Roque, Daniel, David Ramos, Álex Martínez e Yael.
A próxima fin de semana, o San Tirso SD Infantil recibe ao CD Lugo. Antes, Álex Martínez, Antón Vilariño e Hugo Ferreiros participarán nun adestramento da selección galega sub-14 en Callobre (A Estrada) o martes 3 de outubro ás 17:00 horas.
Os resultados até a data do San Tirso SD Infantil son os seguintes:
CD Conxo Santiago 5 - San Tirso SD Infantil 1 (Gandarela) San Tirso SD Infantil 2 (Álex Martínez e Gandarela) - RC Celta 3 UD Santa Mariña 2 - San Tirso SD Infantil 4 (Gandarela -2- e Yael -2-)