RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Sevilla deberá pagar 80 millóns ao Dépor polos traspasos de Nando e Alfredo

Xornal.com publica:A liga de Fútbol Profesional (LFP) decidiu que o Sevilla deberá pagar 80 millóns de pesetas ao Deportivo da Coruña polos traspasos levados a cabo no seu día ao club branco dos xogadores Nando e Alfredo que, de feito, aínda permanecen na

O Comité Xurisdicional e de Conciliación da LFP estimou as alegacións presentadas polo Sevilla, e determinou que o Deportivo haberá de recibir 80 millóns de pesetas por este concepto, decisión que foi ben recibida na entidade sevillista, tendo en conta que os coruñeses reclamaban 130 millóns. Trátase dunha sentenza firme e que esgota a vía deportiva, polo que, en todo caso, o Deportivo só podería acudir á Xustiza ordinaria, algo que non parece que vaia a suceder.