O Superdépor vestirase mañá xoves de curto no Estadio de La
Victoria de Xaén para participar nun amigable benéfico ante os veteranos do
Real Xaén. Xa confirmaron a súa presenza Djukic, Aldana, Alfredo, Donato, Bebeto,
Fran, José Ramón, Claudio e Liaño,
O equipo deportivista, que marcou unha época no fútbol español, será
dirixido, por suposto, por Arsenio Igrexas.