O forte temporal que nos últimos días azouta Galicia tamén deixou as súas marcas en Riazor, antes e durante o encontro ante o Zaragoza. Así nos últimos días foron numerosos os danos na cuberta do Estadio en practicamente todas as bancadas, pero fundamenta
Tamén durante o partido fíxose notar o mal tempo pois practicamente durante toda a primeira metade a sarabia foi constante e dificultou o xogo a ambos os equipos.
O Real Club Deportivo da Coruña procedeu a notificar, de forma urxente, esta mesma tarde ao Concello da Coruña os danos referidos para que o organismo municipal, encargado do mantemento da cuberta do Estadio de Riazor, proceda a solucionalo canto antes.
O Deportivo lamenta profundamente as molestias e enormes incomodidades que os danos da cuberta causasen aos seus abonados e afeccionados en xeral nas numerosas zonas afectadas.