RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O triunfo do Fabril FC Alevín abriu esta tarde o calendario de partidos de #ANOSACANTEIRA

O Fabril FC Alevín adiantou a esta tarde en Abegondo o seu partido ante o Sada CF A correspondente á 15ª xornada no subgrupo 2º de Primeira A Coruña - As Mariñas.

O equipo de Jorge Queijeiro, que gañou (5-1) ao cadro sadense, é líder destacado do subgrupo con 40 puntos.

O motivo de que se adiante este choque débese a que o cadro fabrilista participará o sábado 4 nunha acción impulsada pola Fundación RC Deportivo de reforestación e ao mesmo tempo gozar dunha gran xornada familiar, festiva, Deportivista e co obxectivo de impulsar o valor da conservación ambiental. Grazas á colaboración do Grupo Naturalista Hábitat na zona de Laza (Ourense), todas as persoas que participen ademais do Fabril FC Alevín axudarían a reforestar a nosa contorna natural con case 900 árbores de especies autóctonas cun obxectivo tan fundamental como o de producir o osíxeno necesario para os seres vivos que habitamos o Planeta.

Como se anunciou no momento de lanzamento de cada un dos equipamentos desta temporada, Galicia Azul, Galicia Atlántica e Galicia Verde, as camisetas do Dépor 2022-2023 servirán para poñer a disposición da sociedade o potente altofalante social do Club e organizar ou colaborar na difusión de campañas de concienciación de coidado e limpeza dos mares, costas e bosques, proxectos cos que o Club colabora a través da súa Fundación para contribuír aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable de Nacións Unidas. Neste caso, concretamente ao 15: Vida de ecosistemas terrestres.

Kappa e o RC Deportivo puxeron en marcha a campaña: "Unha camiseta, unha árbore". Con ela adquírese o compromiso de plantar unha árbore por cada camiseta do modelo Galicia Verde que se vendese a través das DéporTiendas ao longo da temporada. Cada camiseta vendida de Galicia Verde significa unha árbore plantada nas provincias de Galicia máis afectadas os incendios de verán. A esta acción sumar Hijos de Rivera coa súa marca Cabreiroá para facer posible unha gran actividade de repoboación de árbores nunha das zonas do noso territorio máis afectada polos incendios.

Polo demais, o groso da xornada en #ANOSACANTEIRA xógase o sábado 4 de marzo, de forma que só quedan tres partidos para o domingo 5: o Alevín - Racing de Ferrol (10:30, Abegondo) correspondente á 2ª xornada do subgrupo norte do Trofeo Conservas Calvo; o Orzán SD Xuvenil Feminino - SD Tordoia (16:00, campo Víctor Fernández Alonso) da Primeira Autonómica Feminina; e o Orzán SD Cadete B Feminino - CCRD Perlío (18:00, A Grela 1) da Segunda Autonómica Feminina, subgrupo 1º.

O sábado 4 xóganse 3 partidos en Abegondo. Pola mañá, o Infantil mídese ao CD Lugo (11:00) e o Xuvenil B ao Atlético Coruña Montañeros CF (12:30).

Para a tarde, ás 17:30, queda o choque do Fabril, líder da Tercera RFEF, ante a Gran Peña FC (Youtube RCDeportivo).

O Club activou o protocolo de apertura con control de accesos á Cidade Deportiva.

Todo o público debe retirar entrada, até esgotar aforamento e sen ningún custo adicional para todas as persoas socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir o seu ID de socio e 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada. Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única persoa pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición, localización e aforamento na instalación. O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aquelas persoas socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completada a repartición do aforamento nun proceso 100% telemático.

As socias e socios do RC Deportivo terán prioridade para a retirada da súa entrada gratuíta até esta noite ás 23:59 h. A partir dese momento, se houbese aforamento aínda dispoñible, habilitarase simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para cada partido para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Tamén no seu campo (Elviña Grande), o Orzán SD Cadete Feminino, líder destacado do subgrupo A da Liga Galega, enfróntase ás 10:00 ao Colegio Obradoiro, 2º clasificado.

Fóra de casa, concretamente en Avilés, o Dépor ABANCA visita ao terceiro clasificado na Primeira Nacional. Unha saída dura para as pupilas de Kevin Cabado.

O vestiario branquiazul celebra que Elena Vázquez foi convocada pola selección española sub-17 para disputar a Rolda 2, xa definitiva, de clasificación para o Campionato de Europa. Esta fase xogarase en Serbia do 12 ao 18 de marzo.

Dinamarca, Serbia e Bielorrusia serán os rivais da selección española. O campión deste grupo accederá á Fase Final do Europeo, que se xogará en Estonia do 14 ao 26 de maio.

Elena incorporarase á concentración do equipo nacional na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) o luns 6 de marzo para, o venres 10, viaxar á localidade serbia de Stara Pazova.

En Cantabria, o Xuvenil A, que na semifinal de Copa do Rei medirase ao UD Almería no Estadio Reino de León, visita en liga ao Bansander a partir das 18:30 horas.

Precisamente do conxunto andaluz, Manuel Pablo, técnico deportivista, opina que "é un equipo competitivo, chegou até quí superando 3 roldas, é líder ou ía líder do seu grupo. Eliminou á UD Las Palmas no campo das Palmas, que gañara todos os seus partidos. É un rival complicado como todos nestas semifinais".

Non ve favoritos en semifinais porque "está todo moi igualado. O Madrid pode ter unha pequena vantaxe pero moi pequena. Todos teñen o obxectivo tan próximo que as forzas se igualan. Son partidos de moito nivel, de equipos moi competitivos que están a un paso de poder chegar a unha final e ninguén vai regalar nada".

Ademais haberá representación de #ANOSACANTEIRA na Coruña (20:00 horas na Grela 1 o Cadete ante o Ural Español CF); en Vigo (12:30 na Madroa o San Tirso SD Cadete ante o RC Celta); en Santiago (11:15 no Municipal do Sergas o San Tirso SD Infantil fronte ao Victoria FC); e en Ourense (18:00 en Oira o Orzán SD Infantil Feminino ante o EFF Rosalía) neste caso no inicio da carreira polo título da Liga Galega.

A esta fase final accederon da Primeira Fase os dous primeiros clasificados do subgrupo A (Orzán SD Infantil Feminino e o SCD Pastoriza), os dous primeiros do subgrupo B (Victoria FC e Atlético Arousana) e os dous primeiros do subgrupo C (UD Mos e EFF Rosalía).

O formato de competición será de liga a dobre volta todos contra todos. O primeiro clasificado será o campión galego

Finalmente, xogan na Torre o Alevín e os dous equipos benxamíns. No equipo de Alberto Suárez, varios futbolistas branquiazuis disputaron esta semana coa selección galega sub-12 un amigable de preparación ante o Escola Estrada FB: Iker Obeso, Brais Taín, Antón Vilariño e Thiago Montes.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Tercera RFEF
23ª xornada: FABRIL - GRAN PENA FC, o sábado 4 de abril ás 17:30 en Abegondo
Clasificación: 1. Fabril, 44 puntos; 2. Arosa SC, 42 puntos; 3. Rápido de Bouzas, 36 puntos... 6. Gran Peña FC, 32 puntos...

Categoría feminina
21ª xornada: REAL AVILÉS CF - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 4 de marzo ás 18:00 en La Toba Hermanos Castro (Avilés)
Clasificación da Primeira Nacional: 1. Deportivo ABANCA B, 53 puntos; 2. Sporting de Gijón, 51 puntos; 3. Real Avilés CF e Victoria CF, 42 puntos...

21ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMININO - SD TORDOIA, o domingo 5 de marzo ás 16:00 no campo Víctor Fernández Alonso (antiga Leyma, A Coruña)
Clasificación da Primeira Autonómica: 1. Sárdoma CF B, 49 puntos; 2. CD Lugo, 45 puntos; 3. Orzán SD Xuvenil Feminino, 44 puntos; 4. Bergantiños CF, 43 puntos; 5. Victoria CF B, 36 puntos... 10. SD Tordoia, 29 puntos...

17ª xornada: ORZÁN SD CADETE B FEMININO - CCRD PERLÍO, o domingo 5 de marzo ás 18:00 na Grela 1
Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete B Feminino e Atlético San Pedro, 41 puntos; 3. Silva SD, 35 puntos... 9. CCRD Perlío, 19 puntos...

17ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMININO - COLEGIO OBRADOIRO, o sábado 4 de marzo ás 10:00 en Elviña Grande
Clasificación da liga Galega cadete, subgrupo A: 1. Orzán SD Cadete, 42 puntos; 2. Victoria CF e Colegio Obradoiro, 33 puntos...

Fase polo Título da liga Galega, 1ª xornada: EFF ROSALÍA - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO, o sábado 4 de marzo ás 18:00 en Oira (Ourense)

Categoría xuvenil
23ª xornada: BANSANDER - XUVENIL A, o sábado 4 de marzo ás 18:30 no Municipal de Villaescusa (Villaescusa)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 56 puntos; 2. Sporting de Gijón, 55 puntos; 3. Xuvenil A, 51 puntos; 4. Real Racing Club, 41 puntos... 6. Bansander, 32 puntos...

23ª xornada: XUVENIL B - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o sábado 4 de marzo ás 12:30 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 52 puntos; 2. Pontevedra CF, 46 puntos; 3. Xuvenil B, 45 puntos; 4. Pabellón Ourense CF, 41 puntos... 8. Atlético Coruña Montañeros CF, 33 puntos...

Categoría cadete
24ª xornada: URAL ESPAÑOL CF - CADETE, o sábado 4 de marzo ás 20:00 horas na Grela 1 (A Coruña)

24ª xornada: RC CELTA - SAN TIRSO SD CADETE, o sábado 4 de marzo ás 12:30 na Madroa (campo 2)

Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 67 puntos; 2. RC Celta, 58 puntos... 5. Ural Español CF, 37 puntos... 14. San Tirso SD Cadete, 27 puntos...

Categoría infantil
21ª xornada: INFANTIL - CD LUGO, o sábado 4 de marzo ás 11:00 en Abegondo

21ª xornada: VICTORIA FC - SAN TIRSO SD INFANTIL, o sábado 4 de marzo ás 11:15 no Municipal do Sergas (Santiago de Compostela)

Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 57 puntos; 2. Infantil, 52 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 47 puntos... 10. CD Lugo e Victoria FC, 20 puntos; 12. San Tirso SD Infantil e EF Portero 2000, 17 puntos...

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 2ª xornada: ALEVÍN - RACING DE FERROL, o domingo 5 de marzo ás 10:30 en Abegondo
14ª xornada: CD CALASANZ - ALEVÍN, o sábado 4 de marzo ás 12:30 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º: 1. Alevín, 39 puntos; 2. Atlético Coruña Montañeros CF, 31 puntos... 4. CD Calasanz, 21 puntos...

15ª xornada (xogado hoxe): FABRIL FC ALEVÍN 5 (Álvaro Gómez -3- e Hugo Macedo -2-) - SADA CF A 1
Clasificación da Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 2º: 1. Fabril FC Alevín (un partido máis), 40 puntos; 2. Atlético San Pedro, 31 puntos...

Categoría benxamín
14ª xornada: BENXAMÍN A - ORILLAMAR SD A, o sábado 4 de marzo ás 9:30 na Torre (campo 3.1)

14ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - URAL ESPAÑOL CF, o sábado 4 de marzo ás 12:30 na Torre (campo 3.1)

Clasificación da Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º: 1. Benxamín A, 36 puntos; 2. Ural Español CF, 28 puntos; 3. CD Calasanz, 24 puntos... 6. Fabril FC Benxamín, 16 puntos...