Este venres, ás 21:00 horas, procederase á inauguración oficial
da Pena Deportivista de Ares, sita na Cafetaría Litos -c/ Real 149 - Baixo-
da citada localidade coruñesa.
O Presidente é Valentín Cartelle e a Secretaria, Matilde Vázquez.
Ao acto está previsto que acudan o Delegado do Club, Juan Anxo Barros
Botana; o técnico Joaquín Caparrós e unha representación do persoal
deportivista.