Álex Bergantiños e Juanfran atenderon aos medios de comunicación na zona mixta de Anoeta.
O capitán branquiazul afirma que "estamos frustrados. Foi un partido no que sufrimos moito, non fomos capaces de saír a facerlles dano". Cre que Anoeta é un campo "moi difícil, eles xogan ben, abren moito o campo. Cada vez que recuperabamos estabamos bastante afogados e non atopamos unha saída fácil".
Asegura Álex que "temos que mellorar para competir ante este tipo de rivais. E mellorar a imaxe do equipo sobre todo fóra de casa".
Pola súa banda, Juanfran admite que "nos custou moito asociarnos e así é moi complicado poder xerar ocasións de gol".
O lateral deportivista lembra iso si que "perdemos 1-0 dun centro de lonxe. Eles tampouco tiveron tantas ocasións. A Real está a pelexar por meterse en Europa. Esta é a súa casa. Aquí perderon moitos equipos. Si é verdade que non estivemos ben con balón, estivemos espesos. É unha cousa que temos que traballar".