RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O vestiario pide desculpas a ANOSAFORZA e admite que "non soubemos xogar eses últimos minutos"

Pablo Vázquez e Jose Ángel pasáronse pola zona mixta do Estadio Fernando Torres de Fuenlabrada.

O central deportivista quixo en primeiro lugar "pedir desculpas a #ANOSAFORZA. Non soubemos xogar eses últimos minutos. Temos moitas cousas que analizar destes últimos minutos".

Cre que "é un pouco cruel que se che vaia todo o traballo. Soubemos competir nun partido distinto a todos os que xogaramos. O fútbol está a ser moi cruel connosco. Estou un pouco asimilando todo isto. Vin mil situacións así de malas ou peores e creo que ao final imos saír".

Pablo Vázquez subliña que "hai que dar un paso adiante todos porque isto o temos que sacar nós. Hai que pedir desculpas a #ANOSAFORZA porque non se merece todo isto".

Pola súa banda, Jose Ángel confesa que "nos imos cunha sensación malísima despois de facer un bo esforzo. Sabiamos que ía ser un partido duro ante un equipo que traballa ben as disputas, os duelos, as segundas xogadas. Tiñámolo controlado e fallaron varias cousas. Nos últimos minutos fixemos varias cousas mal e estamos decepcionados".

O centrocampista andaluz lembra que "tivemos moitas ocasións claras para conseguir máis vantaxe. Non o facemos e chegar cun marcador tan axustado ao final obríganos a pelexar até o último minuto. Non o fixemos, desconectámonos. Despois do empate desconectámonos máis. Unha serie de erros que son inadmisibles".

Finalmente pensa que "competir competimos pero cometemos varios erros. Matar o partido antes é clave porque tivemos varias ocasións claras. Nos 15 primeiros minutos puidemos haber ido 0-3. Non están a entrar pero despois non podemos deixar que nos empaten e quítennos os puntos desa maneira".