RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Óscar Gilsanz: "Vimos un campo entregado para axudar a un equipo a lograr a salvación e nós conseguímola fai 3 xornadas"

Óscar Gilsanz manifestou na sala de prensa da Romareda que "uno cando non gaña sempre está amolado. Hoxe o equipo saíu ao campo con personalidade nun ambiente extraordinario para levar ao seu equipo á consecución da permanencia".

Cre que "na primeira parte tivemos o balón, fomos capaces de recibir aos costados e atacar. É certo que nos faltou o último pase pero hoxe o partido non ten nada que ver coas dúas últimas derrotas (Sporting de Gijón e Granada CF)".

Tamén admite que "ao final sumamos 0 puntos e dá esa sensación de que o equipo encadea 3 derrotas consecutivas que non encadeara en todo o ano. Hoxe saíu ben a competir. Podo estar amolado polo resultado pero non pola actitude dos futbolistas".

Finalmente Óscar Gilsanz apunta que durante a temporada "o equipo foi a máis a nivel competitivo. É certo que encadeamos esta xeira de resultados pero hoxe neste partido viuse a dificultade de conseguir segundo que obxectivos. Vimos un campo entregado para axudar a un equipo a lograr a salvación e nós conseguímola fai 3 xornadas. É certo que con estas 3 derrotas seguidas parece que a sensación é de estar amolados. Hai que pór en valor o esforzo dos futbolistas, que foron ao límite durante todo o ano".