RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Mario Soriano cre que "arriba nos faltou unha marcha máis" e Patiño asegura estar "contento na cidade, co equipo"

Mario Soriano e Charlie Patiño pasáronse pola zona mixta da Romareda.

O mediocentro madrileño subliña que "queriamos gañar. Viñemos aquí a gañar. Estivemos ben durante algúns minutos do partido. Tivemos o control. Eles tiñan esa presión de estar aí abaixo. Non xogaron moito, quixeron buscar os nosos erros".

Afirma que "saíndo co balón tivemos calma e saímos moitas veces cara arriba até chegar a tres cuartos. Na zona de arriba faltounos unha marcha máis de crer e de ir facer gol".

Finalmente Mario Soriano admite que "cando consegues o obxectivo mentalmente a cada un pode afectarlle e cando xogas os partidos non xogas con esa marcha que tes que ter cando te xogas as cousas".

Pola súa banda, Charlie Patiño afirmou estar "contento" pola súa titularidade na Romareda. "Viñemos aquí a gañar. Parabén ao Zaragoza. Hai un partido máis en ABANCA-RIAZOR e oxalá gañemos", afirmou.

Preguntado polo seu futuro, o centrocampista branquiazul asegura estar "contento na cidade, co equipo, cos meus compañeiros. Veremos a próxima temporada".

Nesta liña, confesa que "me gusta moito A Coruña, o meu pai contoume moitas cousas da Coruña. Estou contento".