
DÉPOR · 10 XUÑO 2025
ANTONIO HIDALGO, NOVO ADESTRADOR DO RC DEPORTIVO
Antonio Hidalgo Morilla (8 de febreiro de 1979, Granollers, Barcelona) é o adestrador do primeiro equipo masculino do RC Deportivo para a próxima temporada, con opción de ampliación por unha campaña máis.O técnico catalán incorpórase ao Club con plena convicción no proxecto deportivo, ilusionado por formar parte dunha etapa ambiciosa e compartida de crecemento.Hidalgo destaca pola súa capacidade para construír equipos sólidos e ordenados. Na temporada 2023-24, o seu traballo á fronte da SD Huesca converteu ao equipo no menos goleado da categoría e o máis eficaz en accións a balón parado.Técnico adaptable e meticuloso, soubo aplicar diferentes sistemas en función do perfil do seu cadro, combinando orde táctica con solucións ofensivas efectivas.O seu liderado é esixente, claro e próximo, cunha atención especial ao plano psicolóxico do xogador. Defende a fortaleza mental como factor decisivo no alto rendemento e traballa activamente en motivar ao futbolista desde a confianza e o compromiso.O novo técnico deportivista destaca tamén por optimizar o rendemento dos cadros, como deixou patente na súa etapa na SD Huesca. Sen ir máis lonxe, esta última temporada asinou unha xeira de 14 partidos consecutivos sen coñecer a derrota co club oscense.O RC Deportivo dá a benvida a Antonio Hidalgo, convencido de que a súa experiencia, personalidade e visión reforzarán con forza o rumbo deportivo do Club.Antonio Hidalgo comparecerá este mércores, ás 11:00 horas, ante os medios de comunicación na sala de prensa do estadio ABANCA-RIAZOR.

Miguel Loureiro dá un novo paso na súa recuperación no inicio...

Primeiro amigable de pretemporada para o Dépor ABANCA, esta s...

Nova semana de pretemporada para Os Nosos con dous partidos, ...

Teun Gijselhart afirma que "Aubameyang é un exemplo para todo...

Vilalba, próxima parada do Dépor este verán

Sen goles no Carlos Tartiere de Oviedo no segundo amigable do...