
DÉPOR · 10 XUÑO 2025
ANTONIO HIDALGO, NOVO ADESTRADOR DO RC DEPORTIVO
Antonio Hidalgo Morilla (8 de febreiro de 1979, Granollers, Barcelona) é o adestrador do primeiro equipo masculino do RC Deportivo para a próxima temporada, con opción de ampliación por unha campaña máis.O técnico catalán incorpórase ao Club con plena convicción no proxecto deportivo, ilusionado por formar parte dunha etapa ambiciosa e compartida de crecemento.Hidalgo destaca pola súa capacidade para construír equipos sólidos e ordenados. Na temporada 2023-24, o seu traballo á fronte da SD Huesca converteu ao equipo no menos goleado da categoría e o máis eficaz en accións a balón parado.Técnico adaptable e meticuloso, soubo aplicar diferentes sistemas en función do perfil do seu cadro, combinando orde táctica con solucións ofensivas efectivas.O seu liderado é esixente, claro e próximo, cunha atención especial ao plano psicolóxico do xogador. Defende a fortaleza mental como factor decisivo no alto rendemento e traballa activamente en motivar ao futbolista desde a confianza e o compromiso.O novo técnico deportivista destaca tamén por optimizar o rendemento dos cadros, como deixou patente na súa etapa na SD Huesca. Sen ir máis lonxe, esta última temporada asinou unha xeira de 14 partidos consecutivos sen coñecer a derrota co club oscense.O RC Deportivo dá a benvida a Antonio Hidalgo, convencido de que a súa experiencia, personalidade e visión reforzarán con forza o rumbo deportivo do Club.Antonio Hidalgo comparecerá este mércores, ás 11:00 horas, ante os medios de comunicación na sala de prensa do estadio ABANCA-RIAZOR.

A RC DEPORTIVO FUNDACIÓN ACTIVA A GRADA SOLIDARIA DE ABANCA-R...

O Dépor comeza este mércores 20 de maio a preparar o partido ...

O RC Deportivo homenaxea 25 anos de sentimento blanquiazul

ABANCA-RIAZOR ovacionou a Cris Martínez, que se sente "moi af...

O Dépor ABANCA inicia este martes 19 no Dépor Training Center...

Terceira xornada para o Dépor Genuine en A Nosa Champions, to...