RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, este domingo 29 con empate do Xuvenil A en Torrelavega

CANTERA · 29 NOVEMBRO 2026

RESULTADOS DA FIN DE SEMANA EN ANOSACANTEIRA, ESTE DOMINGO 29 CON EMPATE DO XUVENIL A EN TORRELAVEGA

Este domingo 29 de novembro completouse a xornada da fin de semana en ANOSACANTEIRA.Na casa xogaron o Xuvenil B ante o Racing de Ferrol (0-1) e o San Tirso SD Infantil fronte ao Cidade de Ribeira CF (4-0).E fóra da casa, o Xuvenil A (na foto principal da noticia) empatou coa RS Gimnástica de Torrelavega (1-1) e o San Tirso SD Cadete co Coruxo FC (1-1).O encontro do Fabril en Salamanca ante o Unionistas CF, este sábado 28 de novembro no Municipal Reina Sofía, foi o máis destacado en ANOSACANTEIRA.Os branquiazuis caeron por 2-1 e quedan na 19ª posición da táboa con 13 puntos.Manuel Pablo laméntase de que "nos agarran no primeiro gol e non somos quen de loitar polo balón, aínda que haxa ese pequeno agarrón. Despois sácannos un cartón por protestar e expúlsannos por unha entrada. Son erros que pagamos nós e que son culpa nosa. Aí é onde temos que medrar para competir nesta categoría".

Real Club Deportivo de A Coruña

En canto ao resto das categorías, o Cadete venceu ao UD Ourense (0-4) e o Infantil ao Racing de Ferrol (1-5).Completaron a xornada as vitorias de fútbol 7, con 2 partidos na Torre: o Alevín A ante o Orillamar SD (14-1) e o Benxamín A ante o Atlético Castros (10-0); e outros 2 no campo Leonardo Maceiras, en Os Regos, ante o Santa Cruz CF: o Fabril FC Alevín por 2-10 e o Fabril FC Benxamín por 3-4.Os resultados da fin de semana foron os seguintes:Primera Federación14ª xornada: UNIONISTAS DE SALAMANCA CF 2 - FABRIL 1 (Martín Ochoa)Categoría xuvenilDivisión de Honor, 11ª xornada: RS GIMNÁSTICA DE TORRELAVEGA 1 - XUVENIL A 1 (Diego Martínez)Liga Nacional, 13ª xornada: XUVENIL B 0 - RACING DE FERROL 1

santirsosdinfantil1129.jpg

Categoría cadeteDivisión de Honor, 12ª xornada: UD OURENSE 0 - CADETE 4 (Diego Cabana, Hugo Ferreiros, Íker Obeso e Javi Barral)División de Honor, 12ª xornada: CORUXO FC 1 - SAN TIRSO SD CADETE 1 (Santi Durán)Categoría infantilDivisión de Honor, 12ª xornada: RACING DE FERROL 1 - INFANTIL 5 (Alejandro Astray -2-, Mateo Aguia e Iago Pita -2-)División de Honor, 12ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 4 (Jorge Víboras -2-, Adrián Liñares e un futbolista rival en propia porta) - CIDADE DE RIBEIRA CF 0Categoría alevínPrimera Futgal A Coruña, 11ª xornada: ALEVÍN A 14 (Nico Castro -4-, Leo Galbán -3-, David Santiago -2-, Martín Coronel -2-, Marco Dios, Pablo Gómez e Pablo Couso) - ORILLAMAR SD 1Primera Futgal A Coruña, 11ª xornada: SANTA CRUZ CF 2 - FABRIL FC ALEVÍN 10 (Hugo Cancela -2-, Mateo Ramos, Saúl Gómez, Nico Mariño, Pablo Campanero, Leo Díaz, Hugo Rey e Ian Lata)Categoría benxamínPrimera Futgal A Coruña, 11ª xornada: BENXAMÍN A 10 (Juan Crujeiras -3-, Álex Martínez -2-, Izan Mallon, Hugo Brea, Tomás Lorenzo, Diego Freire e Jaime Fraga) - ATLÉTICO CASTROS 0Primera Futgal A Coruña, 11ª xornada: SANTA CRUZ CF 3 - FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Hugo Fernández -2- e Hugo Calvo -2-)

benjamina1129.jpg