
FUNDACIÓN · 28 NOVEMBRO 2026
O IES SABÓN DE ARTEIXO ACOLLE UNHA NOVA ACTIVIDADE DO PROXECTO ‘ONE TEAM, NO LIMITS’ CO DÉPOR GENUINE COMO PROTAGONISTA
O deporte volve demostrar a súa capacidade para crear vínculos, fomentar a inclusión e abrir novas vías de aprendizaxe compartida.O alumnado do ciclo medio de Actividades no Medio Natural do Instituto de Educación Secundaria (IES) Sabón, en Arteixo, recibiu nas súas instalacións o Dépor Genuine nunha xornada de convivencia na que o deporte foi o punto de encontro para compartir experiencias, aprender e gozar en equipo.A actividade enmárcase no proxecto ‘One Team, No Limits’, cofinanciado pola Unión Europea, unha iniciativa que aposta polo deporte como ferramenta de inclusión, participación e transformación social.Neste encontro, o alumnado e os xogadores do Dépor Genuine compartiron unha experiencia enriquecedora que puxo en valor o traballo en equipo, o respecto á diversidade e a importancia de crear espazos nos que todas as persoas poidan participar e gozar do deporte.Unha nova experiencia que reforza o compromiso da RC Deportivo Fundación e do Dépor Genuine cunha sociedade máis inclusiva, dentro e fóra do terreo de xogo.As opinións e os puntos de vista expresados son responsabilidade exclusiva da autoría e non reflicten necesariamente os da Unión Europea nin os da Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA). Nin a Unión Europea nin a EACEA poden ser consideradas responsables deles.

Resultados deste sábado 28 en ANOSACANTEIRA feminina; e calen...

Resultados deste sábado 28 en ANOSACANTEIRA, coa derrota do F...

El Fabril cae en Salamanca nun partido no que a expulsión de ...

Daniela Caracas participou no primeiro partido de Colombia en...

O poderoso FC Barcelona, rival este domingo 29 dun Dépor que ...

Os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor ab...