
CANTERA · 28 NOVEMBRO 2026
RESULTADOS DESTE SÁBADO 28 EN ANOSACANTEIRA, COA DERROTA DO FABRIL ANTE UNIONISTAS CF; E CALENDARIO DESTE DOMINGO 29, CO XUVENIL A EN TORRELAVEGA
O partido do Fabril en Salamanca ante o Unionistas CF, cuxos mellores momentos podes ver ao pé destas liñas, disputado este sábado 28 de novembro no Municipal Reina Sofía, é o máis destacado en ANOSACANTEIRA.Os branquiazuis caeron por 2-1 e quedan na 19ª posición da táboa con 13 puntos."Sabiamos que o Unionistas é un club que ten detrás moita afección que aperta. Sabiamos o que se xogaban. Sabiamos que arbitraxe nos iamos atopar. É un dos erros que cometemos nós: non estar á altura desas situacións coas que nos atopamos", admitiu Manuel Pablo na sala de prensa.
No resto de categorías, o Cadete venceu ao UD Ourense (0-4) e o Infantil ao Racing de Ferrol (1-5).Completaron a xornada as vitorias de fútbol 7, con 2 partidos na Torre: o Alevín A ante o Orillamar SD (14-1) e o Benxamín A ante o Atlético Castros (10-0); e outros 2 no campo Leonardo Maceiras, en Os Regos, ante o Santa Cruz CF: o Fabril FC Alevín por 2-10 e o Fabril FC Benxamín por 3-4.O domingo 29 celébrase o resto da xornada.Na casa xogan o Xuvenil B ante o Racing de Ferrol (11:15 no Dépor Training Center) e o San Tirso SD Infantil fronte ao Cidade de Ribeira CF (12:00 no Monte).E fóra da casa, o Xuvenil A mídese á RS Gimnástica de Torrelavega (12:00) e o San Tirso SD Cadete ao Coruxo FC (11:15 en Fragoselo).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Primera Federación14ª xornada: UNIONISTAS DE SALAMANCA CF 2 - FABRIL 1 (Martín Ochoa)Categoría xuvenilDivisión de Honor, 11ª xornada: RS GIMNÁSTICA DE TORRELAVEGA - XUVENIL A, o domingo 28 de novembro ás 12:00 no Municipal de Santa AnaLiga Nacional, 13ª xornada: XUVENIL B - RACING DE FERROL, o domingo 29 de novembro ás 11:15 no Dépor Training CenterCategoría cadeteDivisión de Honor, 12ª xornada: UD OURENSE 0 - CADETE 4 (Diego Cabana, Hugo Ferreiros, Íker Obeso e Javi Barral)División de Honor, 12ª xornada: CORUXO FC - SAN TIRSO SD CADETE, o domingo 29 de novembro ás 11:15 no campo de Fragoselo (Vigo)Categoría infantilDivisión de Honor, 12ª xornada: RACING DE FERROL 1 - INFANTIL 5 (Alejandro Astray -2-, Mateo Aguia e Iago Pita -2-)División de Honor, 12ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - CIDADE DE RIBEIRA CF, o domingo 29 de novembro ás 12:00 no Monte

Categoría alevínPrimera Futgal A Coruña, 11ª xornada: ALEVÍN A 14 (Nico Castro -4-, Leo Galbán -3-, David Santiago -2-, Martín Coronel -2-, Marco Dios, Pablo Gómez e Pablo Couso) - ORILLAMAR SD 1Primera Futgal A Coruña, 11ª xornada: SANTA CRUZ CF 2 - FABRIL FC ALEVÍN 10 (Hugo Cancela -2-, Mateo Ramos, Saúl Gómez, Nico Mariño, Pablo Campanero, Leo Díaz, Hugo Rey e Ian Lata)Categoría benxamínPrimera Futgal A Coruña, 11ª xornada: BENXAMÍN A 10 (Juan Crujeiras -3-, Álex Martínez -2-, Izan Mallon, Hugo Brea, Tomás Lorenzo, Diego Freire e Jaime Fraga) - ATLÉTICO CASTROS 0Primera Futgal A Coruña, 11ª xornada: SANTA CRUZ CF 3 - FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Hugo Fernández -2- e Hugo Calvo -2-)


Resultados deste sábado 28 en ANOSACANTEIRA feminina; e calen...

El Fabril cae en Salamanca nun partido no que a expulsión de ...

Daniela Caracas participou no primeiro partido de Colombia en...

O poderoso FC Barcelona, rival este domingo 29 dun Dépor que ...

Os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor ab...

O documental 'Dépor, voa’ proxectarase en máis salas de Galic...