RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
El Fabril cae en Salamanca nun partido no que a expulsión de Rubén no minuto 65 "nos trastocou moito"

DÉPOR FABRIL · 28 NOVEMBRO 2026

EL FABRIL CAE EN SALAMANCA NUN PARTIDO NO QUE A EXPULSIÓN DE RUBÉN NO MINUTO 65 "NOS TRASTOCOU MOITO"

O Fabril perdeu 2-1 este sábado 28 de novembro ante o Unionistas de Salamanca CF no partido da 14ª xornada de Primera Federación disputado no Municipal Reina Sofía.Con este resultado, o filial queda con 13 puntos na 19ª posición.Foron baixa por lesión Jairo, Álex Marqués, Damián Canedo, Vergara, Dani Estévez, Manu Ferreiro e Dipanda.Xabi Campos e Mauro Valeiro, ambos titulares, e Rodrigo Leiva foron os xuvenís que entraron na convocatoria.O partido supuxo o reencontro con Óscar Gilsanz, exadestrador de ANOSACANTEIRA e agora no banco salmantino."Foi un reencontro agradable. Temos moi boa relación. Parte do meu corpo técnico traballou con el e estamos moi contentos de que volva aos bancos", afirmou Manuel Pablo na sala de prensa.O conxunto castelán levou a iniciativa no arranque do encontro.Aos 2 minutos, Pau Ferrer plántase ante Hugo Ríos, pero Samu intercepta o remate no último intre.Gorka remata lixeiramente alto o córner posterior."Non entramos ben, pero pouco a pouco fomos sacudindo esa presión e comezamos a ter o balón", salientou o técnico fabrilista na sala de prensa.O primeiro disparo do Fabril, aos 8 minutos, foi obra do xuvenil Xabi Campos, consolidado no lateral esquerdo.O coruñés rouba o balón e plántase na frontal da área, pero o seu disparo acaba nas mans do porteiro salmantino Álex Daza.Manuel Pablo lamentou que na área "nos faltaron ocasións para rematar as xogadas".Pasada a media hora, un centro pasado acaba nas botas de Álvaro Gómez, só ante Hugo Ríos. O capitán coruñés evita co corpo o primeiro gol.No minuto 37 adiántase o Unionistas. O exdeportivista Diego Caballo envía á área unha falta desde case o medio do campo, Mikel prolóngaa desde o segundo pau cara ao corazón da área e Pau Ferrer, cun espléndido remate de cabeza, supera a Hugo Ríos e anota o primeiro da tarde.O marcador xa non se moveu no que quedaba de primeira parte.

guerrero1128.jpg

Tras o paso polos vestiarios, "co gol demos un paso adiante, chegamos máis. Non tivemos ningunha ocasión clara, pero si rematamos preto da portería", afirmou o adestrador do Fabril.No minuto 59, Quique Teijo proba fortuna desde moi lonxe, pero o porteiro de Unionistas CF saca o seu disparo da mesma escuadra. Puido ser o empate.No saque de esquina posterior, o Fabril pediu pena máxima e que se revisase a xogada na pantalla por un agarrón de Dani Morer a Quique Teijo no segundo pau.O colexiado, o asturiano Francisco García Riesgo, non viu penalti e mandou seguir o xogo."Saímos moi ben, sabendo que corriamos riscos. Estabamos premendo moito e chegando moito. Faltounos algo de rapidez á hora de executar as xogadas", opinou o preparador do Fabril.Manuel Pablo comeza a mover o banco. Íker Gil releva no ataque a Kevin.O partido púxose definitivamente costa arriba no minuto 65, cando Rubén López viu o segundo cartón amarelo ao considerar o árbitro que houbo xogo temerario na disputa dun balón dividido."A expulsión trastocounos moito", admitiu Manuel Pablo, contrariado por este contratempo que acabou sendo decisivo.Decontado, Álvaro Fraga e Koke substitúen a Noé e Manu Serrano."Os que entraron fixérono con ganas. Tentamos seguir no partido. De feito, ata o segundo gol seguimos chegando", afirmou o adestrador do Fabril.Así, no minuto 83, Quique Teijo volve superar o seu marcador e, desde unha posición algo escorada, dispara con moito perigo. O balón marcha rozando o pau esquerdo da portaría de Unionistas.Os salmantinos pareceron sentenciar o encontro no minuto 87, outra vez a balón parado. Mikel Serrano manda á rede cun cabezazo imparable un saque de esquina botado desde a banda dereita.Pero o Fabril, con todo en contra, non se deu por vencido.No desconto, concretamente no minuto 91, Koke centra ao segundo pau e Martín Ochoa, que substituíra a Mauro pouco antes, recorta distancias cun bo cabezazo.Non houbo tempo para máis e o Fabril volve de baleiro."Non puidemos sacar nada positivo de aquí", concluíu Manuel Pablo.O domingo 6 de decembro ás 16:00 o Fabril recibe no campo Arsenio Iglesias o Real Avilés Industrial.Unionistas de Salamanca CF: Álex Daza, Dani Morer (Retu, min. 77), Mikel Serrano, Pau Ferrer, De la Nava (Luis Alcalde, min. 21), Álvaro Gómez, Marcelo, Gorka (Saidi, min. 77), Arnau (Juanma, min. 90), Caballo e Gonzalo (Mutilva, min. 77)Fabril: Hugo Ríos, Quique Teijo, Samu, Manu Serrano (Koke, min. 72), Xabi Campos, Yayo, Rubén López, Guerrero (Justino, min. 81), Noé (Álvaro Fraga, min. 72), Mauro (Martín Ochoa, min. 81) e Kevin (Íker Gil, min. 64)Árbitro: Francisco García Riesgo, do comité asturiano. Amoestou a Marcelo (min. 39), Rubén López (min. 50 e min. 65), Guerrero (min. 59) e Noé (min. 65)Goles: 1-0 Pau Ferrer (min. 37); 2-0 Mikel Serrano (min. 88); 2-1 Martín Ochoa (min. 91)Incidencias: partido disputado no Municipal Reina Sofía de Salamanca

maurovaleiro1128.jpg