
CANTERA · 28 NOVEMBRO 2026
RESULTADOS DESTE SÁBADO 28 EN ANOSACANTEIRA FEMININA; E CALENDARIO DESTE DOMINGO 29, CON PARTIDOS EN PASTORIZA, NARÓN E ELVIÑA
Esta fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina toca descanso para o Deportivo ABANCA B, que mantén unha vantaxe de 4 puntos sobre a SD Eibar B á fronte da táboa da Segunda Federación; e para o Orzán SD Sub-21, 6º en Tercera Federación con 20 puntos.Con todo, este domingo 29 de novembro xóganse 3 partidos.O Orzán SD Xuvenil visita a SCD Pastoriza en Primera Autonómica (17:00, Municipal de Pastoriza).E na categoría infantil, o Orzán SD Infantil A enfróntase á SD O Val no campo naronés de Sinde B (12:00) e o Orzán SD Infantil B recibe ao Dumbría CF en Elviña Pequeño (12:30).Este sábado 28 disputouse un encontro: o Orzán SD Cadete caeu (3-4) ante o Victoria CF na Liga Gallega.Con este resultado, as orzanistas quedan con 18 puntos e ceden o liderado ás branquinegras, que agora suman 19 puntos.O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:Primera Autonómica12ª xornada: SCD PASTORIZA - ORZÁN SD XUVENIL, o domingo 29 de novembro ás 17:00 no Municipal de PastorizaLiga Gallega cadete7ª xornada: ORZÁN SD CADETE 3 (Daniela Valiño, Zoe Mahía e Lorena Anastase) - VICTORIA CF 4Liga Gallega infantilGrupo A, 6ª xornada: SD O VAL - ORZÁN SD INFANTIL A, o domingo 29 de novembro ás 12:00 no Sinde B (Narón)Grupo B, 6ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B - DUMBRÍA CF, o domingo 29 de novembro ás 12:30 en Elviña Pequeño

Resultados deste sábado 28 en ANOSACANTEIRA, coa derrota do F...

El Fabril cae en Salamanca nun partido no que a expulsión de ...

Daniela Caracas participou no primeiro partido de Colombia en...

O poderoso FC Barcelona, rival este domingo 29 dun Dépor que ...

Os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor ab...

O documental 'Dépor, voa’ proxectarase en máis salas de Galic...