
DÉPOR · 29 NOVEMBRO 2026
O DÉPOR NON CONSEGUIU FREAR UN BARÇA CON 8 CAMPIÓNS DO MUNDO QUE "EMPURRA MOITÍSIMO" E QUE ESTÁ "NUN MOMENTO INCRIBLE"
O Dépor non puido frear (1-5) a un FC Barcelona con 8 campións do mundo nas súas filas este domingo 29 de novembro en ABANCA-RIAZOR, no partido correspondente á 14ª xornada de LaLiga EA Sports.Este resultado deixa a Os Nosos con 15 puntos na 13ª posición.Antonio Hidalgo recoñeceu que o conxunto azulgrana "te aperta moitísimo. Ten moitísimo talento, está nun momento incrible, ten xogadores que marcan a diferenza e un gran adestrador que non para de introducir cambios".Bright Ede perdeuse o encontro por lesión.Antonio Hidalgo fixo ata 4 cambios con respecto ao encontro da pasada fin de semana en Mendizorroza: Altimira por Ximo Navarro no lateral dereito, Giménez por Lucas Noubi no eixe da defensa, Amatucci por Riki no pivote, Mella por Luismi nunha das bandas e Bil por Mario Soriano no ataque.O partido púxose costa arriba xa no primeiro minuto.Lamine Yamal entra na área deportivista pola banda dereita e pon un balón raso ao corazón da área pequena. Dani Olmo deixa pasar o balón entre as pernas e este cóase mansamente na portaría de Leo Román."En moitos momentos da primeira parte fomos quen de competir con eles", apuntou o adestrador do Dépor.Así, aos 9 minutos, Aubameyang róuballe o balón a Cubarsí e supera a Joan García cunha vaselina que fai estalar a bancada.Antes, o porteiro azulgrana gañáralle un man a man a Yeremay."ANOSAFORZA empurrounos moitísimo. Fomos quen de empatar o partido. Tivemos a ocasión de Bil para facer o 2-1 e, antes, a de Yeremay", lembrou o técnico deportivista.O Barça pisou o acelerador. Aos 20 minutos, Gordon gaña a liña de fondo e Dani Olmo adiántase ao seu marcador para poñer de novo por diante o conxunto de Hansi Flick.Co 1-2 chegouse ao descanso.

Tras o paso polos vestiarios, o FC Barcelona ampliou a súa vantaxe.Lamine Yamal inicia unha xogada pola dereita e pon un centro medido á área que Raphinha cabecea ao fondo da rede.Antonio Hidalgo admite que "o 1-3 acusámolo un pouco máis".Na recta final, concretamente no minuto 83, Raphinha volve superar a Leo Román ao facerse cun balón solto na área deportivista.A boa nova para o Dépor en ABANCA-RIAZOR foi o regreso de Zakaria Eddahchouri á competición tras varias semanas de baixa por lesión.Saltou ao céspede no minuto 81 en lugar de Bil e puido marcar nunha contra, pero Joan García evitou o gol cunha gran parada.Raphinha pechou o marcador no minuto 91 ao empurrar a porta baleira un centro raso de Lamine Yamal, desta volta desde a banda esquerda."É un resultado avultado en canto a goles. Merecemos marcar algún máis. Quedo coa competitividade do equipo na primeira parte e con ANOSAFORZA, que gozou moitísimo e á que lle estou tremendamente agradecido", resumiu Antonio Hidalgo.Deportivo: Leo Román, Altimira, Loureiro, Giménez, Quagliata (Adama, min. 56), Amatucci (Villares, min. 71), Casadó (Luismi, min. 71), Mella, Yeremay (Mario Soriano, min. 56), Bil (Eddahchouri, min. 81) e AubameyangFC Barcelona: Joan García, Joao Cancelo (Gavi, min. 58), Cubarsí, Pedri, Lamine Yamal, Raphinha, Gordon (Adeyemi, min. 85), Gerard Martín, Dani Olmo (Rodri, min. 58), De Jong (Christensen, min. 65) e Eric García (Kounde, min. 65)Árbitro: Isidro Díaz de Mera, do comité castelán-manchego. Amoestou a Joao Cancelo (min. 5), Quagliata (min. 21) e Lamine Yamal (min. 90)Goles: 0-1 Lamine Yamal (min. 2); 1-1 Aubameyang (min. 9); 1-2 Dani Olmo (min. 20); 1-3 Raphinha (min. 50); 1-4 Raphinha (min. 83); 1-5 Raphinha (min. 90)Incidencias: partido disputado en ABANCA-RIAZOR ante 30.793 espectadores


Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, este domingo 29...

Os Nosos arrancan este luns 30 de novembro unha semana con Co...

O IES Sabón de Arteixo acolle unha nova actividade do proxect...

Resultados deste sábado 28 en ANOSACANTEIRA feminina; e calen...

Resultados deste sábado 28 en ANOSACANTEIRA, coa derrota do F...

El Fabril cae en Salamanca nun partido no que a expulsión de ...