
DÉPOR · 27 XULLO 2026
MIGUEL LOUREIRO DÁ UN NOVO PASO NA SÚA RECUPERACIÓN NO INICIO DUNHA NOVA SEMANA DE TRABALLO DO DÉPOR
O Dépor comezou unha nova semana de pretemporada con outra boa nova positiva no Dépor Training Center.Miguel Loureiro deu un importante paso adiante no seu proceso de recuperación ao incorporarse de maneira parcial ao traballo xunto ao resto do cadro.O defensa branquiazul participou nas primeiras tarefas da sesión xunto cos seus compañeiros, continuando así coa evolución prevista polos Servizos Médicos e o corpo técnico na recta final da súa posta a punto.Unha vez concluída esta primeira parte do adestramento, Loureiro proseguiu o seu plan específico de traballo xunto ao readaptador Nando Rodríguez, do mesmo xeito que David Mella, que tamén continúa avanzando na recuperación da súa lesión.A progresiva reincorporación de Miguel Loureiro supón unha excelente nova para o conxunto dirixido por Antonio Hidalgo, que segue sumando efectivos a medida que avanza a preparación estival co obxectivo de chegar nas mellores condicións ao inicio da nova tempada. Están con adestramento personalizado Yeremay; Loureiro; Bouldini; Altimira, cunha contusión nun xeonllo; Bright Ede, con molestias nun adutor; e Jensen; ademais do canteirán Noé.O vestiario tamén o entende e recibiu ao zagueiro coruñés cun agarimoso corredor de labazadas.

Antonio Hidalgo dispuxo nesta primeira sesión semanal, tras unha activación, un xogo de posición e unha tarefa táctica no campo 2.Así mesmo, Bil, Kevin, Samu, Quique Teijo e Xabi Campos foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Este martes, Os Nosos realizarán a última sesión previa ao amigable do mércores 29 de xullo ás 19:30 (YouTube RC Deportivo) no campo da Magdalena de Vilalba ante o CD Lugo.

Primeiro amigable de pretemporada para o Dépor ABANCA, esta s...

Nova semana de pretemporada para Os Nosos con dous partidos, ...

Teun Gijselhart afirma que "Aubameyang é un exemplo para todo...

Vilalba, próxima parada do Dépor este verán

Sen goles no Carlos Tartiere de Oviedo no segundo amigable do...

O Dépor ABANCA B xa está en marcha




