O Dépor caeu (1-0) na Romareda ante o Real Zaragoza en choque correspondente á 41ª xornada, penúltima, en LaLiga Hypermotion.
Óscar Gilsanz cre que os branquiazuis, hoxe de amarelo, fixeron "un bo partido. A maior parte dos 90 minutos tivemos o control".
O técnico deportivista laméntase que o encontro se decidise "por un balón parado, cun autogol, unha acción de mala sorte".
Con este resultado, Os Nosos quedan con 53 puntos na 15ª posición.
De novo outro equipo con todo en xogo cruzouse no camiño dun Dépor xa co obxectivo cumprido, o da permanencia, hai varias semanas.
Se hai 15 días era o Sporting de Gijón no Molinón o que se xogaba a permanencia e fai 7 o Granada CF en ABANCA-RIAZOR a súa clasificación para o play off de ascenso, hoxe domingo 25 de maio na Romareda o Real Zaragoza certificou a súa continuidade na categoría nun dramático man a man co CD Eldense.
A afección aragonesa respondeu á chamada de auxilio do Club acompañando ao equipo desde o hotel, enchendo as bancadas e animando sen cesar durante os 90 minutos.
O partido ademais pasou á historia do fútbol español posto que foi o último que se celebrou neste estadio antes de ser demolido.
Foron baixa no Dépor os lesionados Mella, Ximo Navarro, Jose Ángel, Eddahchouri, Hugo Rama e Dani Barcia; ademais de Barbero, sancionado pola súa expulsión da pasada fin de semana.
Óscar Gilsanz introduciu varios cambios respecto ao choque do pasado sábado ante o Granada CF. Deu entrada de inicio a Patiño no mediocentro; ao xuvenil Guerrero, que debutou así co primeiro equipo despois de 11 temporadas en ANOSACANTEIRA no carril destro; e a Bouldini na punta de ataque.
Arrincou ben o Dépor, con aproximacións por banda dereita, ata que aos 2 minutos o xogo detívose a instancias do colexiado para atender a un afeccionado na bancada.
A primeira oportunidade do Zaragoza foi un lanzamento de falta desde fóra da área que Tasende enviou lamiendo o recanto dereito de Germán.
Ao minuto seguinte, o 10, Pau Sans revólvese na área pero o seu disparo non colle portería por moi pouco.
Con moitas imprecisións nos dous equipos foron pasando os minutos. No minuto 40, Dani Gómez estrela o balón no poste dereito da portería de Germán Parreño.
Respondeu Villares, que se plantou ante a meta Poussin escorado na banda esquerda. O seu centro-remate atállao a meta aragonés.
Ao fío do 45, o colexiado o encontro, Eder Mallo, non apreciou como pena máxima un claro agarrón a Bouldini na área. Na transición seguinte o Zaragoza non atinó coa portería de Germán.
Sen goles chegouse ao descanso.
Após o descanso saíu ben ao Dépor, encerrando ao Real Zaragoza na súa área.
Aos 52 minutos, Mario Soriano xutou ás mans de Poussin.
Respondeu o Zaragoza cunha transición rápida que resolve Pau Sans cun disparo que desvía a saque de esquina Germán Parreño.
Á saída dese córner, os aragoneses ponse por diante no marcador cun gol en propia meta de Charlie Patiño, que na raia de gol no segundo pau despexou cara á súa propia portería un balón que se coou entre unha maraña de defensores.
Óscar Gilsanz move fichas e dá entreada a Escudero e Yeremay por Obrador e o debutante Guerrero.
Precisamente Escudero estivo a piques de empatar cun centro chute que desviou a saque de esquina Poussin.
De novo o porteiro zaragocista despexa con apuros outro centro de Escudero.
Aos 75 minutos, Yeremay, desde fóra da área, xuta ao traveseiro.
O Dépor fíxose co mando do partido ante un Real Zaragoza claramente acazapado á defensiva.
Jaime viuse obrigado a pedir o cambio após un choque cabeza con cabeza con Soberón. Entrou Tošić, no seu lugar, situándose na posición de central zurdo.
Esta substitución, ao ser contemplada polo regulamento por conmoción cerebral, permitiu aos dous equipos facer un sexto cambio. Gauto culminaba o seu proceso de recuperación ao volver aos terreos de xogo ao entrar por Charlie Patiño.
O Zaragoza tentou á contra matar o partido, aínda que non tivo precisión nos metros finais, como tampouco o Dépor para, polo menos, empatar.
"Eles manéxanse ben nestes resultados curtos e non fomos ocasións de xerarlle máis ocasións", concluíu Óscar Gilsanz.
Real Zaragoza: Poussin, Luna (Calero, min. 76), Jair Jr., Tasende (Clemente, min. 46), Dani Gómez (Soberón, min. 62), Raúl Guti (Toni Moya, min. 88), Francho, Vital, Arriaga, Adu Ares (Liso, min. 62) e Pau Sans (Bazdar, min. 88)
Deportivo: Germán, Petxarroman, Pablo Vázquez, Jaime (Tošić,, min. 82), Obrador (Escudero, min. 62), Villares, Patiño (Gauto, min. 85), Guerrero (Yeremay, min. 62), Mario Soriano, Diego Gómez (Cristian Herrera, min. 74) e Bouldini (Kevin, min. 74)
Árbitro: Eder Mallo Fernández, do comité castelán-leonés. Amoestou a Jaime (min. 13), Adu Ares (min. 42), Pau Sans (min. 49), Soberón (min. 67) e Luna (min. 73)
Goles: 1-0 Charlie Patiño, en propia meta (min. 56)
Incidencias: Cheo total no último partido de fútbol que se disputou na Romareda, que será demolida nos próximos meses. O lucense Severino Reija, un histórico do club maño que xogou no Dépor entre 1957 e 1959, fixo o saque de honra acompañada polo socio número 3 do Real Zaragoza, Jesús Abril