RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Fin de temporada para un Dépor ABANCA que "quere despedirse ao grande" no Heliodoro Rodríguez López

DÉPOR ABANCA · 30 MAIO 2026

FIN DE TEMPORADA PARA UN DÉPOR ABANCA QUE "QUERE DESPEDIRSE AO GRANDE" NO HELIODORO RODRÍGUEZ LÓPEZ

O Dépor ABANCA pon punto e final a unha temporada histórica coa visita ao UD Costa Adeje Tenerife prevista para este domingo 31 de maio ás 12:00 (hora local, 13 en Galicia, Dazn) no Heliodoro Rodríguez López.As Nosas, co empate do pasado mércores en ABANCA-RIAZOR ante o RCD Espanyol, ocupan a 11ª posición con 31 puntos.En rolda de prensa, Fran Alonso admitiu que esta semana "hai bastantes despedidas. Dentro do vestiario somos unha familia. Pasamos por momentos moi duros xuntas. E é bastante emotivo".O técnico deportivista fala de "moitísimas emocións. A xente quere facelo moi ben, quere despedirse ao grande".Confesa "estar loitando por suprimir esa emoción, esa tristura para xente como eu ou como Cris, que tamén marcha, por deixar unha familia".Desexa o adestrador madrileño "o mellor ao Club de cara ao futuro".Son baixa por lesión Hildah Magaia e por sanción Inês Pereira, expulsada ante o RCD Espanyol.

ainhoamarin.jpg

Pola súa banda, o UD Costa Adeje Tenerife, que na última xornada empatou (2-2) co Atlético de Madrid, é 4º na táboa con 51 puntos.No partido da primeira volta disputado en ABANCA-RIAZOR o 11 de xaneiro houbo empate (1-1), con gol deportivista obra de Millene.Pero ambos equipos víronse as caras o 16 de agosto de 2025 no Trofeo Teide na Orotava. Nesta ocasión venceu o Dépor ABANCA por 0-4.Na súa casa esta temporada as tinerfeñas gañaron ao Atlético de Madrid (2-1), Athletic Club (5-1), Alhama CF (1-0), Levante UD (4-0), Madrid CFF (2-0) e Sevilla FC (3-0); empataron co RCD Espanyol (0-0), Real Madrid CF (0-0), FC Badalona Women (2-2), Granada CF (2-2), DUX Logroño (1-1) e Real Sociedad (1-1); e perderon coa SD Eibar (0-1) e FC Barcelona (1-3).O seu técnico Yeray Martín recalcou que "o domingo tócanos facer un bo partido, conseguir a vitoria, acadar a 4ª praza e que mellor maneira que no estadio".As Nosas realizaron este sábado 30 de maio unha última sesión no Dépor Training Center antes de partir de viaxe segundo esta folla de ruta:Sábado 30 de maio12:30: Adestramento no Dépor Training Center17:30 Saída do voo de Santiago con destino ao Aeroporto de Tenerife Norte19:10 (hora local, hora aproximada): Chegada e aloxamento no Atlantida Eurostars TenerifeDomingo 31 de maio12:00 (hora local): UD Costa Adeje Tenerife - Deportivo ABANCA18:50 (hora local): Saída do voo do Aeroporto de Tenerife Norte con destino Santiago22:30 (hora aproximada): Chegada a GaliciaRematado o encontro, As Nosas comezan as súas vacacións.

  • samara.jpg
  • barbarayines.jpg
  • luciamartinez.jpg
  • marinaartero.jpg
  • Franalonso.jpg