
ORZÁN SD · 29 MAIO 2026
CITA PARA O ORZÁN SD XUVENIL EN SANTA COMBA E HONRAS PARA O ORZÁN SD ALEVÍN, CAMPIÓN GALEGO
Un único partido xógase esta fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina posto que todos os equipos remataron xa a competición.O Orzán SD Xuvenil, aínda en competición, visita o Xallas FC este domingo 31 de maio ás 17:00 no campo de A Fontenla (Santa Comba).As orzanistas, coa permanencia no peto, marchan en 11ª posición por 12ª praza para o Xallas FC, que ten os mesmos puntos.Nesta semana, ademais, o Dépor ABANCA Xuvenil participou no Torneo Panini en Sanxenxo. As Nosas despedíronse da competición con 2 derrotas e 1 triunfo pero con moi boas sensacións, ademais dun partidazo ante o FC Barcelona.Finalmente, nos prolegómenos do partido do Dépor ABANCA ante o RCD Espanyol, en ABANCA-RIAZOR o pasado mércores, o Orzán SD Alevín recibiu das mans do Presidente da Federación Galega, Pablo Prieto, o trofeo de campión galego de fútbol 8 (na foto da noticia).Así pois, o calendario de partidos é o seguinte:Primera Autonómica30ª xornada: XALLAS FC - ORZÁN SD XUVENIL, o domingo 31 de maio ás 17:00 en A Fontenla (Santa Comba)Clasificación: ... 10. SR Calo, 35 puntos; 11. Orzán SD Xuvenil e Xallas FC, 29 puntos; 13. UD Carral, 24 puntos...

Parte médico de Andrea Tarazona

Un Dépor "cos pés no chan pero con moita confianza tamén" vis...

Alberto Rodríguez asegura que "a enerxía do grupo é boa" pero...

Primeiros partidos este venres 11 do Infantil no Torneo de Ar...

As Nosas adestran de novo este sábado 12 de setembro no Dépor...

Un Dépor ABANCA que "o deixou todo no campo" non pode co Real...