
DÉPOR · 27 OUTUBRO 2026
NACE 'FALAS DÉPOR', UN FORO DO 13 AO 15 DE NOVEMBRO PARA CONVERSAR SOBRE AS MÚLTIPLES DIMENSIÓNS DO DEPORTIVISMO
José Manuel García, director de medios do RC Deportivo, e Rubén Ventureira, xornalista e historiador coruñés, presentaron este martes 27 de outubro na sala de prensa do Dépor Training Center "Falas Dépor", un foro que, do 13 ao 15 de novembro, reunirá protagonistas da historia do RC Deportivo e destacadas voces do xornalismo, a literatura, o cinema e a música para conversar sobre as múltiples dimensións do deportivismo.Os escenarios elixidos son dous espazos emblemáticos da cidade: o Museo do RC Deportivo en ABANCA-RIAZOR e ABANCA Espacio Avenida.«Como sabedes, este é o ano do 120 aniversario do Club e, polo tanto, queremos celebralo como corresponde. Iso implica non celebrar única e exclusivamente a parte histórica e deportiva, que evidentemente tamén celebraremos, senón ir moito máis alá e celebrar todo o impacto social e cultural que o Deportivo ten para a sociedade coruñesa e galega», explicou en rolda de prensa José Manuel García.Sinala que o obxectivo de Falas Dépor é «gozar, reivindicar e falar do impacto social que ten o Deportivo».Falas Dépor é «totalmente gratuíto», segundo recalcou José Manuel García; e ao longo da tarde deste martes 27 de outubro abrirase a posibilidade de inscribirse (nesta ligazón), onde se recibirá a entrada para gozar deste evento.Pola súa banda, Rubén Ventureira afirma que «se hai algo que nos gusta aos coruñeses é falar de fútbol. E diso se trata en Falas Dépor. En vez de falar na Cervecería de la Estrella ou no bar da esquina, falarase nestes espazos tan significativos. Ademais, falarase cuns convidados de luxo».Explica que no programa «quixemos combinar diferentes épocas, disciplinas e puntos de vista para ofrecer un percorrido o máis variado posible pola historia do Dépor e polas distintas formas nas que o Dépor se contou e se viviu».Nas diferentes mesas de debate, conta Rubén Ventureira, estarán representadas «as primeiras xeracións de ídolos, anos 70 e 80», o Karbo Deportivo «gañador de 2 Copas de la Reina», xogadores do Súper Dépor («do primeiro que case gaña a liga e do segundo que gaña a liga no 2000 e a copa en 2002») e «tamén haberá espazo para analizar como se contou o Deportivo desde o xornalismo, que proxección acadou fóra de Galicia e como inspirou obras e expresións vinculadas á literatura, ao cinema e á música», explicou.Nesta liña, o escritor Xesús Fraga, a gaiteira Susana Seivane e o actor Tamar Novas serán algúns dos protagonistas.

Aberto o prazo de solicitude de entradas para o partido ante ...

Pierre-Emerick Aubameyang comezou este martes 27 a facer algu...

A viaxe do RC Deportivo Business Club ao Riyadh Air Metropoli...

Alberto Rodríguez móstrase tras o triunfo ante o Deportivo Al...

Adestramento en grupos este luns 26 de outubro para Os Nosos ...

LÃBERIT e o RC Deportivo seguen avanzando xuntos as próximas ...