
DÉPOR · 26 OUTUBRO 2026
A VIAXE DO RC DEPORTIVO BUSINESS CLUB AO RIYADH AIR METROPOLITANO CONGREGA A 50 PROFESIONAIS DE 25 EMPRESAS
Preto de 50 profesionais de 25 empresas participaron o pasado sábado 24 de outubro na viaxe a Madrid organizada polo RC Deportivo Business Club, con motivo do encontro Atlético de Madrid – Deportivo correspondente á 10ª xornada de LaLiga EA Sports.A xornada, pensada para fomentar a colaboración empresarial e o networking, incluíu un xantar conxunto e unha charla de Pedro López Antépara, Head of Hospitality & Events do Atlético de Madrid.Os asistentes visitaron tamén as instalacións do Riyadh Air Metropolitano e seguiron o partido desde as súas áreas VIP.Como broche final, a expedición regresou a Galicia nun voo chárter xunto ao primeiro equipo.

Os asistentes destacaron a oportunidade de compartir unha experiencia diferencial, coñecer de preto o funcionamento dun dos grandes clubs europeos e reforzar as relacións entre empresas nunha contorna única.O evento reforza o compromiso do RC Deportivo Business Club de promover espazos de encontro onde o deporte e a actividade empresarial se unen para xerar relacións profesionais de valor.Para máis información sobre as actividades do RC Deportivo Business Club, poden consultar nesta ligazón.


Alberto Rodríguez móstrase tras o triunfo ante o Deportivo Al...

Adestramento en grupos este luns 26 de outubro para Os Nosos ...

LÃBERIT e o RC Deportivo seguen avanzando xuntos as próximas ...

En marcha o DéporCampus Argentina, que se desenvolverá do 7 a...

Antía Veiga estréase como titular no Mundial cun triunfo ante...

O Dépor ABANCA B supera por 4-1 ao Madrid CFF B e mantense en...